Temas: MáMOA

Esnaquizan unha mámoa e levan parte das súas pedras a un xardín

A agresión ao monumento megalítico tivo lugar durante unha plantación e corta de eucaliptos no Valadouro.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/05/2017 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira, na parroquia de Budián, no Valadouro, acaba de ser vítima dunha brutal agresión, tanto, que quedou esnaquizada. Os traballos para unha plantación de eucaliptos poden estar detrás deste novo atentado contra o patrimonio galego que acaban de denunciar Mariña Patrimonio e Adega.

Estado no que quedou o dolmen da Casa dos Mouros, no Valadouro, logo dunha plantación de eucaliptos
Estado no que quedou o dolmen da Casa dos Mouros, no Valadouro, logo dunha plantación de eucaliptos | Fonte: Mariña Patrimonio

Os responsables dos danos infrinxidos na Casa dos Mouros terían incumprido os requisitos de patrimonio para a corta e plantación dos eucaliptos xa que non pediron permiso a Patrimonio, aínda que sabían que tiñan que facelo. Ademais, levaron parte dos restos do monumento a unha propiedade privada. Máis sobre este novo escándalo patrimonial na web Historia de Galicia.

Temas: MáMOA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta