O Sergas reforzará as medidas de seguridade en todos os Puntos de Atención Continuada de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O xerente da xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio, asegurou que "o nove Puntos de Atención Continuada (PAC) existente nesta área, van contar con novas medidas de seguridade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xerente da xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio, asegurou que "o nove Puntos de Atención Continuada (PAC) existente nesta área, van contar con novas medidas de seguridade".

O xerente da área sanitaria ferrolá, Ámgel Facio, nun almorzo de prensa.
O xerente da área sanitaria ferrolá, Ámgel Facio, nun almorzo de prensa. | Fonte: Europa Press

"As mesma que xa puxemos en marcha no centro de saúde de Cariño (A Coruña)", segundo explicou Facio, tras sufrir a pasada semana un facultativo destinado no ambulatorio de Fene unha agresión física por parte dun veciño, e que motivou que este teña que enfrontarse a un xuízo rápido este martes, 30 de maio.

Facio asegurou que en ambos os casos "a contratación pública obriga a cumprir uns prazos". "E o que facemos é intervir para anticiparnos, para que os profesionais sentan arroupados e que cando un no seu traballo sofre esta situación, que é moi desagradable, o menos que podes facer é que a organización arroupe ao profesional e que este senta recoñecido, sendo a proximidade unha das potencias da xerencia de Ferrol", explicou.

Estas manifestacións realizounas Ángel Facio no ciclo 'Conversas no Parador', que organiza o Club de Prensa de Ferrol no Parador de Turismo desta cidade e onde departiu durante máis dunha hora sobre o seu punto de vista sobre a sanidade pública nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

CONDENA DA VIOLENCIA

O xerente da área sanitaria ferrolá aproveitou este foro para mostrar a súa "preocupación" polos dous últimos casos de agresións a profesionais sanitarios xa que "o persoal traballa para a saúde dos cidadáns".

"Desde un primeiro momento puxémonos a disposición dos profesionais, tanto no emocional como no xurídico e é necesario concienciar á xente que co novo Código Penal a agresión a un funcionario público está tipificado como un delito", afirmou.

Ademais, instou a que se realice "unha función máis educativa". "Hai que ir aos colexios e incidir en que hai actitudes que non se poden consentir, e dar unha mensaxe á sociedade de que os profesionais estamos a traballar para darlle unha resposta sanitaria mellor", sostivo.

Tamén incidiu en que lle "preocupa" e parécelle "frustrante que persoas que dedican o seu esforzo e a súa vida a atender a outros, pois que se vexan envolvidos nesta situación".

CAMPUS DA SAÚDE

Na súa disertación Ángel Facio tamén aproveitou para referirse ao proxecto de Campus da Saúde, que impulsan a Universidade da Coruña (UDC) e o Sergas e que está previsto "desenvolver" nas instalacións do antigo Hospital Novoa Santos, a menos dun quilómetro de distancia do Hospital Arquitecto Marcide.

Segundo comentou Facio, a unión de "a asistencia e coñecemento no ámbito sanitario, fortalece", o que lle levou a asegurar que "Ferrol ten as mellores condicións para proxectar un futuro sanitario de optimismo".

PUNTUACIÓN

Por último, a preguntas dos medios de comunicación sobre que nota daría ao sistema sanitario público na área da que é responsable, asegurou que "un notable alto".

"Porque unha maior nota sería ser pouco crítico, xa que temos moito que mellorar", abundou, aínda que en caso de facelo por partes sinalou que "o que mellor puntuaría sería aos profesionais, que están a un nivel moi alto".

"E atreveríame a dicir case que un once sobre dez, tal e como o avala o Barómetro Sanitario que sitúa a Ferrol na sexta posición a nivel de todo o Estado", segundo dixo sobre unha enquisa realizada aos cidadáns por parte do Ministerio de Sanidad.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta