Arde unha casa deshabitada en Meaño (Pontevedra)

Un incendio declarado nunha vivenda deshabitada en Meaño (Pontevedra) provocou danos materiais no seu interior.

PONTEVEDRA | 29/05/2017 | Actualizada ás 19:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio declarado nunha vivenda deshabitada en Meaño (Pontevedra) provocou danos materiais no seu interior.

O inmoble, situado no lugar de Tanoira, atopábase en reformas e, entre outros efectos, ardeu unha neveira. O fume afectou tamén ao baixo da casa, onde o particular tiña un taller.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu a alerta dun particular sobre as 14,15 horas. O servizo de emerxencias puxo en coñecemento os feitos dos bombeiros do Salnés, Garda Civil e GES de Sanxenxo. Os servizos de emerxencias sufocaron o lume e levaron a cabo tarefas de ventilación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta