A Xunta destina 230.000 euros en publicitar o leite galego mentres seguen pechando explotacións

O pasado ano desapareceron 615 granxas cun prezo do litro de leite dos máis baixos do Estado. Medio Rural di que o problema é a orografía e a atomización das granxas e pide que "se produza menos" e "de máis calidade".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/06/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta segue destinando diñeiro en publicidade, a pesar das dificultades de determinados sectores produtivos, como é o sector agrario ou o lácteo. Así, nas últimas semanas acordou financiar con miles de euros campañas publicitarias nos grandes medios de comunicación entre as que destacan máis de 260.000 euros para difundir o ben que está o agro no país, tal e como xa informou GC este martes, ou 230.000 euros para promocionar o leite galego.

Feijóo durante a presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010
Feijóo durante a presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010

Unhas campañas que chegan, ademais, cando o sector agrario e gandeiro están pasando por malos momentos económicos. Así, o prezo de leite en Galicia –un pouco máis de 30 céntimos o litro-- é dos máis baratos do Estado, só superado polo que se paga en Aragón, e a moita distancia de comunidades como Asturias (33,7 céntimos por litro) e País Vasco (34,8 céntimos).

A esta situación, súmase, ademais, que o número de explotacións lácteas non deixa descender. En marzo pasado foron 75 menos que as 8.476 que había no arranque deste ano. E en todo o 2016 foron 615 granxas as que pecharon, máis do 60% do conxunto das que desapareceron en todo o Estado.

Os problemas

A explicación que dá a Xunta desta situación é “pola propia orografía galega e pola atomización das granxas leiteiras” que son “moitas e moi pequenas”. “Dúas cuestións que fan incrementar considerablemente o prezo de recollida e transporte do leite e que repercute directamente na rendabilidade do produto”.

Manifestación dos gandeiros do leite en Lugo
Manifestación dos gandeiros do leite en Lugo | Fonte: campogalego.com twitter

E, con todo, a Xunta segue apostando por inxectar diñeiro nos medios de comunicación para falar do ben que está o sector. Así, o obxectivo do contrato é definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico para promover o consumo de leite galego e, nomeadamente, do da marca Galega 100% como distintivo de calidade durante o ano 2017.

“Producir menos”, di a Xunta

No prego de condicións Medio Rural destaca que o sector debe aspirar a “producir menos pero cunha calidade óptima”. “Unha calidade que sexa un referente e un obxecto de desexo para o consumidor que ha de estar disposto a pagar por un leite superior asociado á nosa terra”. 

Por iso, suliña, e como apoio ao sector gandeiro, desenvolve nos últimos anos diversas actuacións de comunicación ao abeiro da marca Galega 100% xa que o sector leiteiro representa a metade de todo o sector produtor lácteo do conxunto do Estado. 

Distribución do diñeiro

Esta mesma consellería destinou tamén o pasado ano 230.000 euros a promocionar o leite galego. Como en todas as convocatorias de propaganda institucional, La Voz de Galicia foi o medio que máis recibiu, 72.500 euros, seguida de Televisión de Galicia; 50.000 e Faro de Vigo; 31.800. Estas son as cantidades totais do pasado ano:

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Editorial La Capital, S.L. (Diario de Arousa) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.300 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Editorial La Capital, S.L. (Diario de Ferrol) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.700 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Editorial Compostela, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

6.600 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Editorial La Capital, S.L. (El Ideal Gallego) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

3.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Uniprex, S.A.U. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

4.825 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e El Progreso de Lugo, S.L. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

11.400 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Faro de Vigo, S.A. Unipersonal para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

31.800 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e La Opinión de La Coruña, S.L. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

4.200 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e La Región, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Corporación Voz de Galicia, S.L. (La Voz de Galicia) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

72.500 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Lérez Ediciones, S.L. Unipersonal para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Televisión de Galicia, S.A. (Radio Galega) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Lugo, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Orense, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

725 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Pontevedra, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.300 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Vigo, S.A.U. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

2.200 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Corporación Voz de Galicia, S.L. (Radio Voz) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.900 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Rías Baixas Comunicación, S.A. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

1.500 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Televisión de Galicia, S.A. (TVG) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Corporación Voz de Galicia, S.L. (V TV) para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Sociedade Española de Radiodifusión, S.L. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

725 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Coruña, S.L. para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

2.500 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Radio Popular, S.A. Cadena de Ondas Populares Españolas para desenvolver campañas de promoción da calidade do leite galego

4.825 €

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nostriños

Máis diñeiriño para manipular e darlle cartiños aos amigos. Así está o país, cheo de desinformados a propósito, como o Nostrus

1 mamporreiro do cortello

NOSTRUS... PEPEIRO MISERABLE, aprendiz de plumilla da coz da malicia, expañolento, porque non podes ser outra cousa... a latricar en 10,9,8,7,6,5,4,3.2,1,0....