Non hai diñeiro para os danos das xeadas, pero si para un suplemento de La Voz

A Consellería de Medio Rural acaba de facer públicos, como lle obriga a Lei de Transparencia, os convenios que firmou no primeiro cuadrimestre do ano. Da ducia de acordos que implican algunha subvención, 10 están destinados a transferir diñeiro público a determinados medios de comunicación.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 06/06/2017 | Actualizada ás 09:09

Comparte esta noticia

Determinados, porque Medio Rural subvenciona a dedo exclusivamente aos xornais en papel, boicoteando outros formatos informativos. Entre as cabeceiras impresas, ademais, o reparto é moi desigual.

A Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez Mejuto
A Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez Mejuto

Así, La Voz de Galicia volve ser a gran beneficiada no reparto da Xunta de Alberto Nuñez Feijóo. Até 149.767 euros recibirá o diario de Santiago Rey a cambio da “elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun suplemento de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia”. É dicir, de producir un suplemento para informar de sectores que precisamente xestiona a Consellería de Medio Rural.

Para o resto de xornais en papel hai moito menos diñeiro. Faro de Vigo leva 69.000 €, El Progreso de Lugo 24.000, La Región 23.000, El Correo Gallego 16.000, Diario de Pontevedra 10.000, La Opinión 8.000, Atlántico Diario 3,700, Diario de Ferrol 3.700 e Diario de Arousa 1.800. 

A cambio destas faragullas, estes xornais non terán que publicar un suplemento como La Voz. Abondaralles realizar “accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia”. Informar sobre o traballo de Medio Rural, noutras palabras.

Todos os convenios foron asinados o mesmo día, o 27 de xaneiro, o que indica unha estratexia determinada de subvencionar a dedo a algunhas cabeceiras. A dedo porque os convenios son instrumentos totalmente discrecionais. A diferencia das axudas vía DOG, non hai publicidade, nin concorrencia. 

Convenios da Consellería de Medio Rural con medios de comunicación no primeiro cuadrimestre de 2017
Convenios da Consellería de Medio Rural con medios de comunicación no primeiro cuadrimestre de 2017 | Fonte: DOG

Cada mandatario escolle a quen subvenciona mediante criterios totalmente subxectivos. En teoría, os convenios non poden ter ánimo de lucro. A Xunta leva usándoos sen interrupción dende a era Fraga para influír na liña editorial das cabeceiras. 

A concesión destas subvencións chega nunha primavera na que a Consellería rexeitou en repetidas ocasións a apertura de liñas de subvencións para compensar aos agricultores polas xeadas que arrasaron gran parte de colleitas como o viño. A conselleira Ángeles Vázquez Mejuto semella non ter diñeiro para axudar aos seus administrados, pero si para subvencionar a unha parte dos que informan sobre a súa labor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Gamela

¿non sei se estes Convenios os tedes recollidos na noticia ou son diferentes? http://www.xunta.gal/dog/Publicados...

4 Belém Esstébam

Alguén coñece un medio de comunicación que non reciba cartos públicos? Porque en Galicia Confidencial hai anuncios do Concello de Santiago, A Coruña, Deputación de Pontevedra etc etc

1 Gamela

as tarifas publicitarias son un dereito dos medios... as subvencións vía Convenios son outra cousa moi distinta (mercan o silencio ou dirixen a información) non falamos de 50 € por exemplo en Vigo o último convenio da alcaldía co Faro de Vigo foi de 180.000 € Supoño que cando morra poderei pagarlle a GC a miña ESQUELA !!! pero mentras mellor é pagar o GCPlus se queremos manter a liberdade informativa en Galicia !

2 Belém Esstébam

Si, cando poñen publicidade as mareas rupturistas nos medios amigos iso non é publicidade, é dereito á información jajajajajajajajajajajajajajajajaj ajajajajaajajajajajajajajajajaja ajajajajaajajajajajajajajajajaja ajajajajaajajajajajajajajaj ajajaajajajajaajajajajaj ajajajajajajaajaj ajajaajajajajajajajajajajaja ajajaajajajajajajajajajajaja ajajaajajajajajajajajajajaja

3 Gamela

GRACIAS a Galicia Confidencial sabemos desta Guerra nos Medios! Cada día é máis IMPORTANTE ter un MEDIO LIBRE para afortalar a opinión democrática neste mundo de mentirosos! Exemplo http://www.europapress.es/internaci... a guerra comeza cando BLOQUEAN e MINTEN impunemente !!! Por eso insisto unha e outra vez que o Bloqueo da Marea de Vigo é algo MOITO MÁIS GRAVE do que semella! ADIANTE GC sodes os únicos que mantedes a RESISTENCIA !!!

1 Gamela

mentras PP paga o VOTO a chamada "Nova Política" semella estar falándolle ao 2% do electorado galego segundo esta análise bastante atinada... https://youtu.be/AxBGCpYRZqI?t=3m13...

2 xornal subvencionado do pp

Pero mira que sodes plastas, que si un-ha vez e outra vez a coz da malicia, pero non vedes que están pasando fame... que o están pasando moi mal ca televisión da coz non a ve nin o persoal que traballa no xornal e os enchufados, non vedes que robertone valadriuz ten que recibir os lereles da coz, pois e medio pensionista do pe$Oe pacovazquista e o rancio pepeiro de abolengo expañol, incluso cando fixo correrías no grupúsculo facista de UPyPP, ahí esta o que coas suas enquisas marca o que ten que facer o peperolo, o dia que peche a coz da malicia entonces comenzara a liberdade de prensa

1 Tomaron exemplo

Ondia igual que fan os municipalistas municipais. Non hai cartos para outra cousa pero publirreportaxes de que municipalizan sen municipalizar nada si hai