CESM-O'Mega pide o amparo da valedora do Pobo ante "a negativa do Sergas" a desenvolver a carreira profesional

A coalición CESM Galicia-O'Mega solicita o amparo da valedora do Pobo ante "a negativa do Sergas" a desenvolver a carreira profesional dos seus facultativos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2017 | Actualizada ás 13:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A coalición CESM Galicia-O'Mega solicita o amparo da valedora do Pobo ante "a negativa do Sergas" a desenvolver a carreira profesional dos seus facultativos.

Para iso, este xoves acudiron representantes da plataforma sindical sanitaria a entregar unha solicitude de amparo na sede do Valedor do Pobo debido "á constante negativa do Sergas a desenvolver a carreira profesional do seu persoal facultativo".

No escrito entregado trasladan á valedora a "insustentable e inxusta situación nas que están a prestar os seus servizos os facultativos do Sergas en relación á carreira profesional". Segundo sosteñen CESM Galicia e O'Mega esta situación "é contraria a dereito" ao "infrinxir" varias normas.

"O Sergas volveu a negar unha vez máis aos seus facultativos o dereito á reactivación da carreira profesional, a pesar das máis de 3.000 peticións que durante estes dous últimos meses presentáronse", denunciaron, para abundar que "este necesario recoñecemento laboral implica unha mellora continua na calidade asistencial e, por tanto, unha atención mais digna".

Por todo iso, solicitan o amparo da valedora porque, segundo alegan, "Galicia é a única comunidade autónoma que carece dun desenvolvemento ordinario de carreira profesional dos seus facultativos".

PETICIÓNS

"Unha comunidade, cuxos dirixentes non pararon de presumir do ben que cumprían o déficit dedícase a castigar, eses mesmos dirixentes, a un dos colectivos que máis recortes sufriu negándolles algo xa desenvolvido en todo o resto do Estado", segundo expoñen.

No escrito presentado este xoves piden, en concreto, a "reactivación da carreira profesional do persoal estatutario (licenciado sanitario) das institucións sanitarias do Sergas", así como a creación das comisións de avaliación, ademais da "avaliación e recoñecemento dos novos niveis".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta