“Buscan criminalizar a okupación para poder especular a pracer”

Na véspera dunha nova manifestación en apoio do desaloxado Centro Social Escarnio e Maldicer, entrevistamos aos activistas que o puxeron en marcha. A polémica carga policial e o papel dos medios de comunicación no debate sobre a okupación son dous dos puntos desta conversa.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 09/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“Sádica e violenta”. Así cualifica o Centro Social Escarnio e Maldizer a actuación policial no polémico desaloxo en Santiago. Fano nun pequeno xornal, que inclúe  foto-denuncias das lesións producidas nos incidentes, que os okupas acaban de editar.

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

Esta publicación busca mobilizar á cidadanía  de cara a marcha de mañá. Unha manifestación de apoio ao Centro Social partirá este sábado as 21 horas da Alameda de Santiago. Ademais, os activistas non pararon deteron a súa labor, pois seguen programando obradoiros, que organizan nas rúas ou nos parques.

Malia seren os coprotagonistas dunha das maiores polémicas políticas do país na actualidade, o seu punto de vista non foi explicado na  maioría dos medios de comunicación.  O Centro Social expón a súa versión do sucedido neste cuestionario respondido por escrito:

Explíquenlle a unha persoa de fóra de Santiago en que consistía a labor do CSOA Escárnio e Maldizer. Que tipo de actividades realizaban? 

O C.S.O.A. Escárnio e Maldizer é , porque continúa a ser, un espazo para a liberdade. Obradoiros e colectivos atoparon nel un lugar para reunirse, para facer actividades, para aprender. Xuntas deconstruímonos, coidámonos, creamos novas lóxicas máis vivíbeis e horizontais. 

O edificio da Algalia okupado por Escárnio e Maldizer tras o desaloxo
O edificio da Algalia okupado por Escárnio e Maldizer tras o desaloxo

Canto tempo levaban en marcha? 

Foi no ano 2014, logo de tres anos de estar o edificio baleiro e caendo, cando un grupo de veciñas de Compostela que procedían de diversas tradicións políticas e sociais decidimos abrilo. Desde ese momento, realizáronse actividades semanais (pandeireta, baile, acroioga...) e puntuais (palestras, proxeccións, concertos...) que sempre contaron con moita asistencia; nalgunha ocasión, incluso teríamos que pendurar o cartaz de “aforo completo” para evitar situacións de risco e para estar todas máis cómodas. 

Teñen algunha estimación do número de persoas que participaba nesas actividades?

Non mentiríamos se dixésemos que, por este centro social, pasaron xa centos de persoas distintas.

Por certo, o nome "Escárnio e Maldizer" fai referencia a unha das categorías da lírica medieval galega. Por que escolleron esta denominación?

A Agrupación de Baile e Canto Tradicional Cantigas e Agarimos tivo que marchar do espazo no ano 2011 pola modificación do réxime de rendas antigas. Parecía ben saudar e homenaxear desta maneira á historia do edificio e aos seus últimos habitantes; ademais as cantigas de escárnio e maldicir xogaban coa sátira para falar da política: era perfecto.

Antes do desaloxo, recibiron algunha comunicación por parte dos propietarios do inmóbel? Chegouse a artellar algún tipo de negociación?

Comprendan que non respondamos a isto.

Que cren que o CSOA aportaba á cidade de Santiago e do que agora, tras o desaloxo, carece?

Parece que hai un espazo menos de creación colectiva, un espazo menos de autoxestión, un espazo menos de seguranza, un espazo menos que estea creado á marxe da grande engrenaxe institucional e desde abaixo. Parece, porque, ao final, os espazos son a xente que os constrúe. E nese sentido, adiantamos que estamos ben fortes.

Que pasou co material que tiñan no CSOA antes do desaloxo?

Que ficou alí dentro. Os medios máis acríticos e conformistas alertaron de que había alí un futbolín, mais o certo é que tamén había unha ampla colección de libros. A biblioteca supoñemos que será o que máis lles “preokupe”.

Cal é a súa postura sobre os incidentes da manifestación de protesta? Que lles parece a actuación policial nesa mobilización?

A brutalidade policial é característica do Estado español, neste sentido non nos sorprendeu.

Que papel cre que están xogando os medios de comunicación en toda esta polémica? Sinten que vostedes tiveron a oportunidade de dar a súa versión dos feitos?

A meirande parte dos medios de comunicación están sometidos a intereses empresariais e políticos polo que é lóxico que proporcionen información interesadamente; neste caso perseguen criminalizar a okupación para recrudecela lexislativamente e así poder especular a pracer nas nosas vilas e cidades. Porén, que ninguén se engane, esta atención política e mediática responde tamén aos intereses particulares da construtora La Rosaleda: unha peza clave na trama especulativa. Isto é a meirande parte, mais tamén agradecemos e parabenizamos a labor doutras profesionais, inconformistas, que se esforzaron e esforzan por facer unha lectura crítica da narración que o poder elabora para os fenómenos de autorganización e resistencia popular. Especificamente, é en parte por elas que o Escárnio e Maldizer podemos ouvear tan alto. 

Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas
Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas
Tags: #okupa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Bisbardos

Oh, que pupa. Maaami. Menos choros e a traballar. Un pouco de xabón tamén

1 Yo ya

Claro que sí machote, jabón te hace falta que hasta aquí huele! Y no me llores que tienes que trabajar!

9 Fartodepiojosos

¿El edificio era propiedad de alguno de los tipos que lo ocuparon? ¿Tiene legítimo propietario y éste, haciendo valer el derecho que le asiste, echó a los indeseables a la puñetera calle? Pues hala, ajo y agua. Y ahora a berrear por la calle, quemar cajeros y contenedores, agredir policías, destrozar mobiliario urbano y dejar las calles de Santiago llenas de su basura y desperdicios.

1 Gamela

Ao mellor este asunto pode interesarte... https://www.youtube.com/watch?v=pxu...

8 Antinostrus

A este Encefalograma Plano do Nostrus, Rastreiro Maior do seu Cortello, veñen de dar-lle a Medalla de LambeQ,s Maior da Iberia e o moi cretino continua a mastigar na mer da, a única cousa que sabe facer con tino.......

1 nostrus

Los que teneis al alcohol como fuente de inspiracion intelectual se os nota cuando estais repostando. Pues ¡venga!, sigue dandole al drink y castigando el hígado

7 Sesees

Coido que o concello debe de ter locais sociais dabondo por todo Santiago. Cecais ahí poderian facer algo estas personas. Ahí tamen poden ser "alternativos" . Ou algunha ong das moitas que hai, acompañar a vellos, menos etc. O que pasa e que en esos sitios non se pode facer o que un quere, que básicamente e dar a nota nos centros das vilas, de "guais" . E o da especulación, unha disculpa como outra calquera . O dito, cada quen a sua casa .

1 Yo ya

Cultura ciudadana y cosmopolita, cada quen na sua casa, e mirando a outro lado no vaya a ser!?

6 galegoexiliado

Eu de maior quero ser antisistema e que o sistema me cuide e me alimente. Maña poñeremos no Obradoiro unha urna ben grande pa que os veciños solidarios poidan depositar as chaves das suas casas pa aloxar aos esforzados desafiuzados da Algalia. TRABALLA TI, QUE A MIN DAME A RISA. YES WE TRUMP.

1 balbino

Xa saltou o hipócrita de turno, a ver ese local estaba a cairse ata que foi ocupado, por outro lado non pertence a ningún veciño, pertence a unha empresa que lle debe millóns a pequenos currantes con total impunidade, os ocupantes nunca se lucraron coa ocupación se non que revertiron os beneficios na sociedade. O único que buscan estas empresas buitres e un cambio de goberno para especularen a gusto. A parte menudo atentado contra o patrimonio acaban de facer, a realidade e que tiñamos un local rico en vida e cultura e uns veciños que eran un exemplo de cordialidade e agora temos ladrillos de por vida.

2 galegoexiliado

Pois mada Balbino, logo da mani, e de reventar un cantos caixeiros e pintar unhas fachadas quedamos a que nos pagues unhas copas e logo uns amigos mais eu imos vivir á tua casa, sin ánimo lucrativo, pa que ti e a sociedade disfrutedes da nosa ocupación da tua casa, que de seguro non tiveches que mercar co teu traballo, pois de seguro foiche regalada polo odioso sistema. ABAIXO A PROPIEDADE PRIVADA, esta noite todos a casa solidaria do Balbino.

3 Yo ya

Jaja! Qué simples sois, reducir al ridículo para mostrar argumentos... Y tú más! Populista trumper popular, o es simplificar te... Jaja