Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa

Centros sociais ocupados de todo o país utilizan o poder do ioga para defenderse das cargas policiais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galiza ven de alertar aos corpos  e forzas de seguridade do estado que estean preparados ante os coñecementos de ioga dos okupas dos centros sociais.

Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa
Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa | Fonte: tempos galegos

A alarma saltou despois do desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer onde membros do mesmo con coñecementos en ioga procederon a facer a postura da árbore diante dos axentes. Segundo a xefatura da policía nacional varios membros do corpo resultaron feridos por desalineamento dos chakras polo que tiveron que ser atendidos polo exorcista de garda da conferencia episcopal.

“Fue un infierno. Esta gente empezaba a hacer yoga delante de nosotros. Que si uno hacía una bakasana, otro una Ardha Matsyendrasana, que si el árbol, la postura de loto…”, declararon fontes próximas á delegación do goberno. “Nosotros incluso los tratamos bien al principio respondiendo su saludo al sol con un cara al sol”, engadiron.

Finalmente a policía optou por empregar a forza o que provocou momentos de tensión ao estar os okupas formados en ioga e estar hipervitaminados e ben alimentados polo alto contido en apio da súa dieta. Segundo a delegación do goberno non houbo máis remedio para actuar, “estaban armados con hostalizas que amenazaban la integridad de nuestras porras y armas”, engadiron.

Tags: #Humor #okupa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta