Galicia, illada do Cantábrico por mor da néboa

A A-8 leva dous días cortada á altura de Mondoñedo. O problema leva anos sen resolverse.

Por E.P. | LUGO | 13/06/2017 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Autovía do Cantábrico, a A-8 leva xa dous días cortada á altura de Mondoñedo (Lugo) por mor da néboa. Unha situación que impide a correcta conexión de Galicia co Cantábrico a través de autovía. 

Accidente na AP-8 ao seu paso por Abadín
Accidente na AP-8 ao seu paso por Abadín | Fonte: Telecinco

Neste punto, situado entre Mondoñedo e Abadín, son frecuentes os cortes debido á escasa visibilidade que permite a néboa. Para salvar esta circunstancia, o tráfico diríxese cara á estrada N-634, aínda que a DXT tamén advirte que a visibilidade é "reducida" nesta vía por mor da néboa.

E é que os vehículos vense obrigados a coller a antiga estrada entre os puntos quilométricos 536 e 552, segundo informou a DXT. Unha situación que non é nova e que leva anos sen resolverse. De feito, e tras varios accidentes mortais, instaláronse varios dispositivos lumínicos e controis de velocidade que, con todo, non son suficientes.

Cando hai moita nubosidade, faise case imposible circular por ese tramo da autovía, polo que a DXT optou por cortar a circulación para evitar accidentes. Polo momento, as distintas opcións para evitar esta situación non teñen fructificado, entre elas, a construción dunha zona cuberta onde é máis persistente a néboa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fartodeconfidenciales

Bueno, no será para tanto. Se sale de la Autovía y se circula por la general hasta volver a entrar en la A8 pasado Lourenzá. Son ganas de exagerar, polemizar y presentar problemas que no lo son tanto. Viva la información veraz y responsable.