Conta atrás para que as empresas remitan electrónicamente os rexistros de facturas á Axencia Tributaria

A delegada da AEAT en Galicia destaca os cambios de normativa e as súas vantaxes para mellorar o control das operacións entre empresarios.

Por GC Emprende | A Coruña | 15/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A AEAT puxo en marcha a Subministración Inmediata de Información IVE en liña, que entrará en vigor o próximo 1 de xullo. Esta medida afectará a 1.500 empresas galegas aproximadamente, que en España sumarán un total de 63.000 con obrigación de cumprir co novo sistema.

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

O novo sistema obrigará ás empresas a remitir electronicamente, nun prazo máximo de catro días hábiles, o detalle das facturas emitidas e recibidas, incluíndo as simplificadas ou billetes. Puntualmente, a AEAT estendeu este prazo a oito días naturais durante 2017.

Ante o gran reto que implica cumprir con este sistema e a proximidade da súa entrada en vigor, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebrou unha xornada informativa sobre 'O novo Sistema de Subministración Inmediata de Información (SII)', coa participación da Axencia Tributaria (AEAT) e a empresa Enxendra.

"Trátase dun cambio do sistema de xestión actual do Imposto sobre o Valor Engadido que leva 30 anos funcionando, pois se pasa a un novo sistema dos libros rexistro do IVE a través da Sede Electrónica da AEAT, mediante a subministración case inmediata dos rexistros de facturación", indicou a delegada da AEAT en Galicia, Mª Imelda Capote.

O sistema SII

Ademais, destacou que o Sumistro Inmediato de Información do IVE (SII) mellora a eficiencia da Administración Tributaria, ademais de significar unha decidida aposta polas novas tecnoloxías. “A implantación do SII supón un cambio moi importante na xestión dos procedementos establecidos ata agora na declaración e liquidación do Imposto sobre o Valor Engadido”, dixo.

O colectivo que está incluído obrigatoriamente no SII é o integrado por empresas cuxo volume de operacións exceda os 6.010.121,04 euros, empresas inscritas no réxime de devolución mensual (REDEME) e aquelas que apliquen o réxime do grupo de entidades recollido no Capítulo IX do Título IX da Lei do IVE. A partir da obrigación, non haberá necesidade de presentar os modelos 340 (libros rexistro), 347 (operacións con terceiros) e 390 (resumo anual), dado que coa información recibida e a que conste na base de datos, a AEAT elaborará os datos fiscais do contribuínte a efectos do IVE, facilitando a declaración do imposto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta