Prohibido o baño en todo o litoral da praia de Samil, Vigo, por unha vertedura de chapapote

Permanece prohibido desde as 19,00 horas deste sábado o baño en todo o litoral da praia de Samil da cidade de Vigo debido á aparición dunha vertedura dun produto aínda sen identificar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2017 | Actualizada ás 20:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Permanece prohibido desde as 19,00 horas deste sábado o baño en todo o litoral da praia de Samil da cidade de Vigo debido á aparición dunha vertedura dun produto aínda sen identificar.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Local de Vigo, a mancha de chapapote ten uns 300 metros de lonxitude e atópase á altura da praia da Fonte.

Como medida preventiva, a Policía Local, en coordinación cos socorristas, Salvamento Marítimo e Protección Civil, acordou prohibir o baño en todo o litoral da praia de Samil ata novo aviso.

Así, tanto Salvamento como a policía recolleron mostras da vertedura para a súa análise. Polo momento descoñécese a procedencia da mancha.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta