Temas: BALTAR

Critican a decisión da Fiscalía de Ourense por pedir abrir o proceso Baltar para condenar a denunciante

Unha asociación feminista considera “inaceptable” que se queira castigar a “víctima”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/06/2017 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A Asociación Feminista Falando Nós expresou a súa máxima repulsa contra o recurso presentado pola Fiscalía contra o Arquivo da Xuíza de Instrución nº 3 de Ourense, que xulgou os supostos abusos sexuais cometidos por José Manuel Baltar,  solicitando a continuación das actuacións pero no sentido de que se dirixan contra a  propia denunciante por “denuncia falsa”.

Manuel Baltar, á saída dos xulgados
Manuel Baltar, á saída dos xulgados | Fonte: Europa Press.

Esta entidade destaca a decisión da vítima de denunciar a representantes do poder político “por uns feitos que ben recordan ós tempos medievais no que os homes eran donos dos corpos das mulleres”. “O poder revólvese ante a conducta reivindicativa das mulleres que cuestiona o sistema establecido, no cal só temos un sitio que ocupar, o da obediencia e o silencio”, indica nun comunicado.

É inaceptable que o sistema Xudicial, de aceptar esta proposta da Fiscalía, acolla actuacións deste tipo que o único que farán é confirmarnos que persoas de alto nivel de poder son intocables, e non só eso, se non que haberá castigo para quen así o desodeza, máis se son mulleres” manifesta Victoria Diéguez,  voceira da asociación feminista.

Temas: BALTAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta