Temas: PORTUGAL LUMES

A Xunta ofrece axuda a Portugal para afrontar a crise provocada polos incendios

Di que teñen a súa disposición un camión e dúas cisternas para a extinción do lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2017 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia ofreceu ao Goberno portugués a súa colaboración en materia sanitaria e de emerxencias para afrontar a situación derivada dos incendios forestais que afectan a rexión centro do país luso e que provocou, polo momento, máis de 60 mortos.

Bombeiros en Vigo acuden a un incnedio
Bombeiros en Vigo acuden a un incnedio | Fonte: CRTVG

A través dun comunicado emitido este domingo, o Executivo autonómico trasladou o seu pesar e o "dos galegos" polas vítimas, á vez que ofrece o seu apoio "para tentar paliar a situación".

Así, a Vicepresidencia da Xunta ofreceu aos membros da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte de Portugal (CCDR-N) o camión do Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, así como dúas cisternas con capacidade para 25.000 litros de auga, para que poidan servir de apoio aos labores de extinción do lume.

Ademais, o departamento de Sanidade informou da súa disposición para habilitar prazas para a atención aos feridos nos hospitais galegos, concretamente na UCI e en unidades de queimados de centros hospitalarios da Coruña e de Vigo.

Temas: PORTUGAL LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta