Temas: PSDEG

Gonzalo Caballero non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG

O socialista vigués e membro do novo Comité Federal do PSOE non desbota dar "pasos adiante" no proceso de primarias para escoller novo líder en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Gonzalo Caballero, socialista vigués e membro do novo Comité Federal do PSOE, non descarta dar "pasos adiante" e optar á secretaría xeral do PSdeG no proceso de primarias que o PSdeG prevé celebrar para escoller novo líder.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero

Caballero pronunciouse deste xeito nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que preguntado por se se presentará a este proceso interno considerou que "é o momento de estar ao servizo da organización".

"Se o conxunto da organización considera que debo xogar un papel xogareino e, se non, seguirei xogando o papel de referencia de debate, de participación, que xoguei desde hai moito tempo e sen pretensión persoal nin aspiración concreta", manifestou.

Neste sentido, o socialista vigués destacou que, "ás veces" se debe "dar pasos adiante" porque o conxunto da organización necesita impulsos. "E se non se dan tomado seguiremos en terra de ninguén ou nun espazo perdido", manifestou.

CONGRESO E PRIMARIAS, "CANTO ANTES"

Ademais, mostrouse partidario de fixar "canto antes" a data do Congreso do PSdeG e das primarias para "empezar a traballar e recompor a estrutura orgánica e política" do Partido Socialista de Galicia que, segundo indicou, "agora é moi reclamado" polos cidadáns.

Respecto diso, avanzou que el fará "todo o posible" para que o PSdeG poida abrir unha "etapa de renovación e futuro" que lle reconecte co electorado e coas bases da esquerda en Galicia.

Temas: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta