Denuncian o peche de unidades en As Pontes (A Coruña) e Ribadavia (Ourense) e do CEIP Emilio de Navasqüés en Outes

As distintas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria están a comunicar o peche de centros ou unidades para ao curso 2017/2018, afectando a municipios como As Pontes e Outes (A Coruña) ou Ribadavia (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As distintas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria están a comunicar o peche de centros ou unidades para ao curso 2017/2018, afectando a municipios como As Pontes e Outes (A Coruña) ou Ribadavia (Ourense).

O CEIP Emilio de Navasqüés en Outes será un dos centros que pecharán o próximo curso "sen previo aviso", segundo denunciou a comunidade educativa do centro que convocou unha concentración de protesta ás 12.00 horas.

Nas Pontes, pola súa banda, desaparecerá o CPI Montecaxado, e os 195 alumnos de infantil e primaria pasarán a escolarizarse no CEIP A Magdalena.

Os 67 estudantes de ESO do centro trasladaranse ao IES Moncho Valcarce que, segundo indica FETE-UXT, pasará a ser "un macrocentro para atender" as aulas de secundaria e bacharelato de todo o municipio.

A Consellería defendeu a nova planificación, indicando que foi elaborada tendo en conta "criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable dos recursos" ademais de respectar o cociente máxima de alumno.

En Ribadavia, por outra banda, elimináronse as ensinanzas de secundaria do CPI Tomás de Lemos, que pasará a converterse en Centro de Infantil e Primaria, e o alumnado de ESO (uns 178) pasará a integrarse no IES O Ribeiro.

Neste caso, Educación asegurou que "non suporá ningún cambio para os alumnos e as familias" desde o punto de vista do desprazamento, dado que ambos os centros están separados por un valado.

"ESCURANTISMO"

Nesta liña, a CIG-Ensino denunciou a previsión da Xunta de suprimir dez postos docentes no IES de Celanova e reprochou a "visión mercantilista e profundamente neoliberal" da acción da Consellería de Educación.

"Prosegue cunha política de recortes que, en materia de persoal, implica o despedimento de profesorado interino, que se reducirá á oferta para profesorado provisional e que docentes con destino definitivos serán desprazados do seu posto de traballo".

O sindicato FETE-UXT denunciou a "falta de negociación" e de "transparencia" con estas modificacións, produto de "unha decisión unilateral" e "sen previa consulta á comunidade educativa".

De feito, reprocharon o "escurantismo desta manobra", desvelando que nunha reunión da Xunta de Persoal Docente coa Xefatura Territorial desta provincia, celebrada este 21 de xullo, a administración autonómica negou a execución de cambios na rede de centros.

"Solicitaranse explicacións polo ocorrido e os datos que verifiquen a necesidade de pechar este servizo", sinalou FETE-UXT que non descarta "levar a cabo mobilizacións" de consideralo necesarios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta