AV.- Prisión para o home que matou dun disparo a un mozo na praia de Arealonga, en Redondela (Pontevedra)

O xulgado de instrución número 2 de Redondela (Pontevedra) decretou este luns o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de José Luis L.P, o home que supostamente matou dun tiro a un mozo na praia de Arealonga, en Chapela, na pasada noite de San Juan.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2017 | Actualizada ás 17:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 2 de Redondela (Pontevedra) decretou este luns o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de José Luis L.P, o home que supostamente matou dun tiro a un mozo na praia de Arealonga, en Chapela, na pasada noite de San Juan.

Prisión para o home que matou a un mozo nunha praia de Redondela
Prisión para o home que matou a un mozo nunha praia de Redondela | Fonte: Europa Press

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a instrución séguese contra este home por dous supostos delitos, un de asasinato consumado e outro de asasinato en grao de tentativa.

Ademais da comparecencia deste detido, que ten un amplo historial de antecedentes delictuosos, este luns pasaron tamén polo xulgado de Redondela que leva o caso cinco testemuñas dos feitos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta