Temas: LUGO

Lugo estreará autobuses vermellos

O concello deseña un plan en base ás peticións dos veciños e aumenta a frencuencia e os puntos de destino dos autobuses urbanos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 27/06/2017 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Lugo contará despois do verán cun novo plan de transporte urbano baseado nas achegas que realizou a veciñanza na campaña de participación cidadá Móvete por Lugo.Un novo modelo inclúe unha imaxe renovada dos autobuses.

E o certo é que, a partir de agora, os autobuses lucenses serán de cor vermella, propia da imaxe institucional do Concello como base, e o rotulado en negro da Muralla, o logo da cidade, nos laterais dos vehículos.

Ademais, o novo plan aumentará as frecuencias e os puntos de destinto dos autobuses urbanos. Así, pasarase dunha frecuencia dunha hora a 30 minutos, e mesmo nalgúns casos a 22 e 25 minutos. Tamén mellora a frecuencia dos principais núcleos de destino da cidade: HULA (nun 27%); Campus Terra (10%); polígono das Gándaras (37%); As Termas/Garabolos (37%); e Pazo de Feiras e Exposicións (100%). Pasarase das 23 liñas existentes (19 urbanas e 4 rurais) a 17 (13 urbanas e 4 rurais) e tamén se incrementa a flota de vehículos: de 19 a 21,  os quilómetros: de 1.452.802 a 1.694.400 e as expedicións diarias: de 559 a 760, en días laborais, e de 250 a 401, en festivos.

O obxectivo é aumentar ao longo dos dez anos de vida do contrato nun 80% o número de desprazamentos en transporte público, pasando dos 8.200 actuais aos 44.000. Para acadalo, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estima que “coas novas rutas o autobús será máis competitivo que o vehículo privado xa que coa concatenación de viaxes sen custe poderíanse conseguir 800 viaxes/día e mellorando as frecuencias súmanse 700 viaxes/día”.

O deseño das liñas recolle as propostas da xira de encontros coa veciñanza Móvete por Lugo, durante a que se recompilaron opinións, propostas e suxestións en 12 xuntanzas en barrios e parroquias, a través do correo electrónico, redes sociais e do 010. As súas principais demandas, que foron incorporadas, foron o devandito aumento de frecuencias, a información en tempo real sobre os horarios e frecuencia, a despenalización do transbordo, o aumento de liñas ao HULA e a adecuación de horarios ás entradas e saídas de centros específicos (polígonos e colexios).

Modelo de bus urbano de cor vermella
Modelo de bus urbano de cor vermella | Fonte: busurbano.com

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta