Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2017 | Actualizada ás 08:40
Segundo avanzaron fontes da investigación, a menor apareceu na zona de Labañou, na Coruña, xunto a outra moza, Aida Gesto, que tamén figuraba como desaparecida.
Así mesmo, segundo indican as mesmas fontes, uns amigos encargábanse de encubrir a ambas as mozas, que non querían volver a casa. As dúas están en perfecto estado de saúde.
A nova, que estuda no IES Rego ds Travesa do Burgo, desprazouse o martes, supostamente, a facerse unha tatuaxe ata A Coruña, e desde entón non se tiñan noticias dela. A súa nai puxo a denuncia por desaparición a última hora do martes.
No momento da súa desaparición, a moza vestía un vestido negro con tirantes, unha camiseta branca con raias negras e unhas zapatillas deportivas tamén negras. Non levaba documentación. No operativo para tratar de localizar á moza colaboraron a Policía Local, Nacional e a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.