La taronja mecànica

Así é como se di “a laranxa mecánica” en catalán, Johan Cruyff dixo uns días antes da final do mundial que el vencería igual gañase quen gañase, e non lle faltaba razón.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 15/07/2010

Comparte esta noticia

Ademáis de ser holandés el é o pai da cultura futbolística que lle deu o triunfo á selección española de futbol, esa cultura que el implantou na Masía, a escola de fútbol do FC Barcelona, que implementou esa cultura baseada no estilo de futbol total da laranxa mecánica dos anos setenta, selección holandesa que maravillou naquela altura. Alén do estilo futbolístico, na Masía incúlcase aos rapaces unha serie de valores alleos á cultura futbolística tradicional española, como son a humildade, o compañeirismo, a disciplina, o respecto por compañeiros e rivais e o espírito de equipo. Creo neste momento que é necesario afirmar que non son forofo do Barcelona ainda que si admirador do seu modelo.

Ademáis do talento natural dos xogadores, é nomeadamente unha combinación da escola futbolística de Cruyff e de trazos culturais cataláns, que se trasmiten por igual a un manchego como Iniesta, a un canario como Pedro, a un arxentino como Messi e a cataláns como Puyol, Piqué, Xavi, Busquets ou Cesc os que fan a milagre de que unha selección con historial mediocre logre deslumbrar a todo o mundo. Iso combinase coa presenza dunha persoa equilibrada e sabia como Del Bosque e xogadores que tamén comparten e se contaxian deses valores como Casillas e Villa e a ausencia da escola chulapa madrileña de Guti e Raul, á que tamén pertence un Florentino Pérez que en xuño do 2003 despedía a Del Bosque un día despois de terse proclamado campeón de liga co argumento de que "el libreto de fútbol de Del Bosque ha quedado anticuado".

Hai unanimidade internacional en que é a base do Barcelona a que explica o éxito, como di Menotti nun artigo na prensa arxentina “es imposible para los especialistas en números de teléfono saber cómo juega España. Se me ocurre que casi como el Barcelona. ¿Y cómo juega el Barça? 1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11, 8-9-10-4-5-8, 5-4-1-0... ¡Ah! Todos estos números tienen una misma característica: España juega muy bien al fútbol, después marque los números que quiera”.

Estas son para min as causas do triunfo; brillantez e exemplaridade para España e para o mundo que se ven manchadas pola burda manipulación politico-propagandística dos medios de comunicación con sede en Madrid, estes non están desde logo á altura dos campeóns, dos valores que representa o extraordinario grupo humano que se proclamou campeón, desde o Marca ata o ABC, desde Intereconomía a Telecinco e desde TVE a La Razón, emiten mensaxes, e estas non son as mensaxes da Masía, son as mensaxes da escola chulapa madrileña, estes medios transmiten cando falan de “La Roja”  prepotencia, falta de humildade e falta de respecto aos demais.

Nunha España en decadencia económica, cultural e política e tan necesitada de referenciais positivos, os medios da meseta, infelizmente moi influintes, aproveitan esta vitoria para os obxectivos equivocados, en vez de propor a excelencia dese grupo como exemplo a imitar nos seus valores, eles insisten no modelo cultural que sempre levou á selección española ao fracaso e que o grupo de Sudáfrica non reproduce en absoluto.

Un arxentino afincado en Galicia, que preside a Peña do Barcelona de Tui, envioume un correo o día da recepción dos campeóns que rezaba así: “hoy es un dia "peronista" en España, los canales tv en cadena ya desde ayer al consagrarse campeona mundial de futbol, muy parecido a cuando vivi los festejos de Argentina despues del Mundial de Mexico 86.  El pueblo en Madrid volcado a las calles....parece que nadie trabajo hoy(….) ahora bien ,dentro de 48hs. en el parlamento español sera "El debate del Estado de la Nacion" donde estará en juego hasta la propia continuidad de Zapatero, que ya genera una desconfianza y falta de credibilidad dentro y fuera de España, pero esta noticia esta tapada por el extasis del nacionalismo español con la realeza a la cabeza (…) Zapatero el martes pasado se permitio bromear antes de la semifinal de España contra Alemania -Creo que el miercoles vamos a superar el diferencial con Alemania...” o sea PAN Y CIRCO”.

Esperemos que non se repita a mesma historia aquí que en Arxentina despois do 1986, a curto prazo, a confianza xerada polo triunfo aumentará o turismo e o  consumo e por esta vía o PIB arredor dun punto pero esta non é unha base sólida para a recuperación. España precisa un cambio cultural e a autocompracencia é a mellor receita para abundar nos mesmos erros.

 A ausencia de xogadores galegos da selección certifican o fracaso no deportivo, entre outras areas, da Galicia dominada por PP, PSOE e BNG e o papel cada vez menos relevante ao que nos condenan as políticas deses partidos. Quero finalmente lembrar o argumento principal do Secretario Xeral de deportes da Xunta do Partido Popular para vetar o partido amigable de nadal da selección galega e aproveito para lembrarlle aos que se autodefinen como liberais no PP que vetar unha celebración deportiva é algo nada liberal e moi autoritario e intervencionista, José Ramón Lete Lasa dixo no seu día que estes encontros eran un circo nacionalista, opinará o mesmo das celebracións polo triunfo de “La roja” nas que el participou en Pontevedra ao lado de Feijóo e Telmo Martín?, a min non me parece un circo nen unha cousa nen a outra pero a quen lle parece un circo unha teralle que parecer un circo a outra, non señor Lete?.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA