Sobre o pasamento de Fraga

Opinión - 16 Xaneiro 2012

Morreu Fraga, un persoeiro que require unha análise en profundidade dificil de facer nunha postaxe dun blogue, un persoeiro con luces e sombras pero que merece desde logo unha opinión para calquera que esté implicado na política galega, xa que estamos perante a que posiblemente, e xunto a Beiras, sexa a figura máis senlleira do tempo transcorrido desde a instauración da nosa autonomía. No lado negativo destacaría a sua participación destacada na ditadura, no lado positivo o seu papel en sacar das cavernas à dereita española, en ver algo que moita xente na dereita española non via claro a finais dos sesenta e primeiros dos setenta, a necesidade de ir cara a democracia.

Por unha Galicia meritocrática

Opinión eleccións - 28 Outubro 2011

Lia hai pouco que hai duas vias de mellora individual que poden percorrer as persoas, por un lado a via do nepotismo, amiguismo, compadreo, ou enchufismo, e por outro lado a via da meritocracia, en determinados paises, aqueles paises cuxo modelo está sendo posto en ridículo por esta crise, predomina a primeira via de ascenso social, neses Paises, dentro do noso continente, os paises do sul, non importa demasiado o brillante, traballador e innovador que sexa un, ou mesmo chega a importar en negativo, xa que os méritos obxectivos dun individuo poñen ante un espello a mediocridade dos que deben a sua posición aos amiguismo, ao servilismo ou mesmo ao apelido o que fai que ese individuo destacado sexa apartado.

Constitución ou lei funil?

Opinión - 02 Setembro 2011

Estes días estase organizando un rebumbio fenomenal en relación á reforma da Constitución Española (C.E.)...

O grande engano de J. Blanco

Opinión - 14 Xullo 2011

Di o xornal fetén da socialdemocracia española o seguinte na sua editorial do 12 de xullo...

Galicia Hoxe: bágoas de crocodilo

Opinión - 29 Xuño 2011

A desaparición do único xornal escrito en galego é outro fracaso colectivo para este País, este domingo comprei o GH sen saber nese momento que sería o derradeiro domingo no que estaria á venda.