Artigos de Carlos Vázquez Padín

Ku Klux Klan ou Luther King

Hai un argumento que debo recoñecer que me amola especialmente en todo o debate social e político sobre as línguas que se está a producir en Galicia duns anos a esta parte, ese argumento é o uso, na miña opinión fraudulento, do termo liberdade por parte de aqueles que queren reducir a presenza do galego, especialmente no ensino. Este uso fraudulento non ofende a un partido galeguista, como o BNG, controlado por marxistas leninistas, ideoloxía fortemente restritiva de todo tipo de liberdades.

A política empobrecedora: Ourense

Estamos nestas semanas tendo a oportunidade de asistir a un espectáculo político moi interesante para un politólogo e moi preocupante para un demócrata liberal, eu como son un politólogo demócrata liberal sigo todo o proceso da batalla polo control do Partido Popular de Ourense con moita atención. No meu primeiro artigo en Galicia Confidencial defendia a supresión das deputacións e o que vou dicir aquí creo que fornece máis argumentos para esa defensa.

Crise e Administración Local

A actual crise pon de relevancia un asunto clave que levaba demasiado tempo esquecido ou postergado, a necesidade perentoria de contarmos cunha administración eficiente no uso dos recursos públicos, parece que demasiados responsables políticos se esquecen de onde proveñen estes recursos e compre lembrar, máis unha vez, o que non deixa de ser obvio, que estes recursos proveñen dos impostos cos que se carga ás empresas e aos particulares, polo que o estado, lembremos que toda administración é estado, ten a responsabilidade non só administrativa senón tamén ética de xestionar eses recursos con eficiencia, cousa que case todos asumimos como verdade que non se fai.