Quen está nese mar estrelado da ría de Vigo?

O proxecto i-SMALL do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC comeza súa singradura.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/06/2017 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O proxecto i-SMALL xa navega. A cargo do grupo de Oceanoloxía do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo, empezou a súa singradura polas augas da ría de Vigo a bordo do buque oceanográfico Mytilus.

Proxecto i-SMALL: Imaxe de microscopia de epifluorescencia dunha mostra de auga tomada coa roseta oceanográfica
Proxecto i-SMALL: Imaxe de microscopia de epifluorescencia dunha mostra de auga tomada coa roseta oceanográfica | Fonte: Grupo de Oceanoloxía do IIM.

O proxecto i-SMALL 'Importancia do pequeno nun océano en cambio: desentrañando a variabilidade de curta escala e o papel do plancto pequeno' está liderado por Carmen González Castro e financiado con fondos FEDER achegados polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad cun total de 289.000 euros.

Unha das preguntas que se fai o grupo de Oceanoloxía é saber quen son os organismos máis pequenos da comunidade microbiana, nano- e picoplancton, empregando simultaneamente técnicas moleculares, HPLC, citometría e epifluorescencia. De feito, o grupo pregúntase: "Saberemos quen está aí neste mar estrelado da ría de Vigo?".

Proxecto i-SMALL: Roseta coas botellas oceanográficas de auga da ría que despois se analizan
Proxecto i-SMALL: Roseta coas botellas oceanográficas de auga da ría que despois se analizan | Fonte: Grupo de Oceanoloxía do IIM.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta