Uns 80 estudantes de 19 países asisten desde este luns aos cursos 'Galego sen fronteiras', de promoción lingüística

Máis de 80 estudantes de 19 países do mundo e doutras comunidades españolas participan desde este luns nos cursos 'Galego sen fronteiras', cuxo obxectivo é o de "promocionar e achegar a lingua e a cultura de Galicia a persoas de fóra".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2017 | Actualizada ás 17:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Máis de 80 estudantes de 19 países do mundo e doutras comunidades españolas participan desde este luns nos cursos 'Galego sen fronteiras', cuxo obxectivo é o de "promocionar e achegar a lingua e a cultura de Galicia a persoas de fóra".

Diso deu conta nun comunicado a Real Academia Galega (RAG), que explicou que, nesta trixésima edición, os alumnos proceden de países europeos como Alemaña, Austria, Reino Unido, Republica Checa ou Italia; pero tamén de países como Brasil, Cuba, Estados Unidos, México, Canadá e Chile.

Trátase de case unha vintena de nacionalidades cuxos alumnos gozarán ata o vindeiro luns 24 de xullo de clases teóricas e prácticas, que se combinarán, entre outras actividades, con talleres de música e baile e charlas sobre literatura, música e arte dramática.

Na súa estancia en Galicia, os participantes visitarán, ademais, casa-Museo Rosalía de Castro, guiados polo presidente da fundación que leva o nome da poetisa galega, Anxo Angueira, que concluirá cunha conferencia da directora do Instituto de Investigación en Linguas Modernas da Universidade de Londres.

Os cursos foron inaugurados na mañá deste luns na Facultade de Filosofía de Santiago, nun acto ao que asistiu o presidente da RAG, Víctor Freixanes; o secretario desta institución, Henrique Monteagudo; o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García, entre outros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta