Temas: DESAPARECIDO

Aparece a muller desparecida dende o luns

A veciña de Moaña (Pontevedra) desaparecida desde o pasado luns, Patricia D.R., foi localizada en bo estado na noite do martes, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil.

Por E.P. | VIGO | 05/07/2017 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Foi unha veciña quen viu á muller sobre as 21.30 horas na zona de Vilariño, na parroquia de Aldán, en Cangas, e avisou á Garda Civil. Patricia D.R. atopábase en bo estado, pero presentaba signos de desorientación, polo que foi trasladada a un centro médico.

Patricia D.R.
Patricia D.R.

A voz de alarma saltou cando esta veciña de Moaña, de 42 anos, non se presentou no seu posto de traballo o pasado luns. Pouco despois foi localizado o seu bolso e varias pertenzas na praia moañesa de Videira-Tirán, e despregouse un dispositivo de procura por terra e por mar, con apoio dun helicóptero.

Varias testemuñas aseguraron ver a Patricia na tarde noite do martes no paseo de Rodeira, en Cangas. Finalmente, foi localizada en Aldán por unha veciña, que a identificou e subiuna ao seu coche.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta