Temas: DESAPARECIDO

Tratan de localizar a un mozo de 14 anos de Rábade que marchou de casa tras discutir coa nai

Atopan desorientada á muller de 79 anos con Alzheimer que esaparecera desde o venres en Carballeda de Valdeorras.

Por E.P. | LUGO | 10/07/2017 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Policía Nacional trata de localizar a un mozo de 14 anos veciño do municipio lucense de Rábade que permanece en paradoiro descoñecido desde a madrugada do venres tras discutir coa súa nai e marchar de casa o xoves.

Imaxe nocturna da muralla de Lugo, onde vive internado o mozo desaparecido
Imaxe nocturna da muralla de Lugo, onde vive internado o mozo desaparecido | Fonte: Guido Álvarez

Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, o menor durante o día atópase tutelado nun centro da Xunta en Lugo, mentres que pola noite acode a durmir ao domicilio da súa nai en Rábade.

O xoves tras saír do centro retornou ao seu domicilio pero, tras enfadarse coa nai, segundo relataron as mesmas fontes, marchou e a súa proxenitora presentou denuncia pola súa desaparición na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

Tras a denuncia, a Policía localizou ao menor e devolveuno ao seu domicilio, pero volveu marchar sobre as 1,00 horas do venres, tras o que a nai o seguiu e, ao volver desaparecer, presentou unha segunda denuncia ás 2,00 horas.

Aínda que o mozo non regresou ao seu domicilio desde entón, colgou fotos nas redes sociais cos seus amigos durante a fin de semana. Ademais, o venres estivo no centro de menores "con normalidade", segundo concretaron fontes consultadas, onde manifestou que seguía enfadado coa súa nai e dixo que tiña intención de regresar ao mesmo este luns.

A Policía Nacional trata de localizar ao menor, que estivo a fin de semana sen porse en contacto coa súa nai, aínda que difundiu fotografías cos seus amigos nas redes sociais.O menor mide 1,70 metros de altura, pesa 60 quilos e ten o cabelo ondulado castaño. A súa complexión é delgada e ten unha cicatriz no tronco posterior debido a un traumatismo.

Muller atopada

Por outra banda, a muller de 79 anos que padece a enfermidade de Alzheimer desaparecida desde o venres no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras foi localizada na mañá deste luns no recinto dunha empresa.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, ás 9,05 horas deste luns o xerente da canteira Pizarras Valdacal localizou no recinto da empresa, cando abriu, á muller desaparecida.

A septuaxenaria estaba descalzada e desorientada debido á enfermidade que padece. As mesmas fontes sinalaron que aparentemente está en bo estado de estado, aínda que foi levada a un hospital próximo para realizarlle unha valoración médica.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta