O PPdeG quere recuperar o seu galeguismo

Os populares comezan o curso político co obxectivo de definir as líneas políticas de cara as vindeiras municipais. Entre as súas principais preocupacións está volver a recuperar o "espacio galeguista".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/09/2010 | Actualizada ás 00:41

Comparte esta noticia

Nestes últimos meses non foron poucos os cargos populares que reclamaron volver á liña galeguista que impulsou parte do partido durante a época de Fraga e que se viu seriamente afectada por algunhas leis polémicas do novo executivo, principalmente, a da lei do ensino en galego.

Diferentes sectores do PPdeG manifestaron certos temores ante a posibilidade de que o enfrontamento que a Xunta mantén con numerosos colectivos, algúns da talla da Real Academia Galega, poidan pasar factura nas vindeiras eleccións municipais.

Sector galeguista

Por iso, desde a Nécora non descartan convocar a certos "referentes" do sector galeguista do partido, especialmente, alcaldes e dirixentes do chamado sector da boina. O obxectivo é crear unha especie de "foro de opinión" no que militantes destacados, agora con menos peso no partido, dean a súa opinión de cara a conformar unha "nova política galeguista".

O propio líder popular, Alberto Núñez Feijóo, está tamén interesado en que o seu partido volva escoitar e unifique, novamente, ao chamado sector galeguista do PPdeG.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta