Temas: ETA TERRORISMO

Hai que lembrar a Miguel Ángel Blanco ou a todas as vítimas de ETA?

Os populares de Santiago propoñen colgar unha placa en memoria do ex concelleiro popular en Ermua e aproveitan para incluír a “outras vítimas” da cidade. Podemos e PSOE denuncian que haxa “categorías” entre os asasinados de ETA.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O PPdeG quere aproveitar o 20 aniversario do asasinato do ex concelleiro do PP en Ermua, Miguel Ángel Blanco, e ir máis alá das homenaxes. Sabedor da polémica aberta en numerosos concellos do Estado ante a negativa de Podemos e do PSOE a sumarse ás actividades programadas polo PP para lembrar a este edil, o portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que o seu partido proporá unha moción ao pleno para solicitar que se colgue unha placa en memoria de Miguel Ángel Blanco.

Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic
Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic

Para evitar as críticas do grupos do goberno e doutros da oposición, os populares queren tamén que esa placa sirva para homenaxear a outras vítimas do terrorismo vinculadas con Santiago. E o certo é que Miguel Ángel Blanco, a pesar de ser de pais galegos, non tiña ningún vínculo coa capital galega.

Entre estas vítimas relacionadas "directa ou indirectamente" con Santiago están Ricardo Couso Ríos, un garda civil natural de Santiago asasinado en Biscaia a mans de ETA; Pedro Cabezas González e Constantino Limia Nogueiras, asasinados polo Grapo no Banco de España en 1979; Manuel Vázquez Cacharrón, asasinado tamén pola banda Grapo en 1978; e María Mercedes Domínguez, vítima dunha explosión provocada polo Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) en 1990.

“Memoria e dignidade”

“A moción pretende de maneira clara ser un recoñecemento á dignidade, á memoria e á xustiza das vítimas do terrorismo porque é importantísimo que as administracións fagan ese tipo de actos”, indicou Hernández.  "Consideramos máis interesante pedir unha placa que unha rúa porque somos coñecedores de que existen moitas peticións de rúas na cidade e é un tema que non admite espera", engadiu.

Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona
Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona

O anuncio dos populares composteláns coincide co vixésimo aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. En varios concellos impulsáronse actos para lembrar a súa figura e, precisamente, na capital de España xerouse polémica porque a alcaldesa, Manuela Carmena, rexeitou colgar unha foto na sede municipal da vítima, ao considerar que "non ten moito sentido" e "para non facer unha situación de menosprezo dunhas vítimas en relación a outras".

Precisamente, tanto Podemos como o PSOE criticaron que só se lembre a Miguel Ángel Blanco e non ao resto dos 829 asasinados por ETA e denuncian que hai “categorías” dentro das vítimas. De feito, nunca antes se fixeron homenaxes semellantes polas grandes masacres cometidas por esta banda como foron as matanzas do Hipercor en Barcelona (21 mortos), a das casas cuartel de Vic (10) e Zaragoza (11) ou a da praza da República Dominicana en Madrid (12).

Temas: ETA TERRORISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

2 EnElNombreDeCristoMeHonro

Aunque en La Coruña contamos con un modesto monumento a las víctimas del terrorismo, situado en una glorieta del paseo marítimo cerca del Portiño, creo que va siendo hora de hacer homenajes particulares a las víctimas. Estoy recordando al gobernador militar de Guipúzcoa, general de división, Lorenzo González-Vallés, asesinado por la ETA en 1979 mientras paseaba con su esposa por el Paseo de la Concha. Era persona vinculado a La Coruña en donde creo que viven sus descendientes. Me consta, por la proximidad del nicho familiar, que está enterrado en el cementerio de San Amaro, en la ampliación del segundo departamento.

1 vai o valle dos caidos

outra vez o pepeiro... porque non vas e lles pides os teus amigos do concello mareado de podreiro un.ha entrada para ir visitar o valle dos caidos, ... ais estará entre os teus pasando un rato maraBilloso... mira que ahí están soterrao o "ASASINO" caudillo franco... e podras rezar oitocentos país nosos e catrocentas mil avemairas tontunas, incluso seica os curas teñen uns masturbatorios no caso en que che entren as Febres delirantes ... E PARA SER CLAROS MOITOS GALEGOS NON SABEN ONDE TEÑEN SOTERRADOS OS SEUS ABOIÑOS OS QUE LLE DERON MATARILE NO 36

2 Antinostrus

Si home si...e a Melitón Manzanas e a Carrero Blanco (deste os teus pais- antifranquistas eles -aledáron-se moito, por certo).....case mellor facer un grande "Manolito" para honrar ás victimas dos uns e dos outros desde o Golpe de Estado Fascista do 18 de Xullo do 1936.....que daqueles pós estas lamaceiras, precisamente....que tamén se poderían incluir os Asasinados no "Nome de Cristo" durante dous mil anos...digo eu e postos a repartir Xustiza...

1 EnElNombreDeCristoMeHonro

El problema que tienen los podemitas y sus marcas blancas está en que en el fondo comparten el discurso de la ETA sobre que no hubo transición, que seguimos viviendo en el Franquismo, entre otros disparates de la misma calaña. Es conocido que Pablo Iglesias dio mítines en herrikotarbernas, lo que dice mucho de su afinidad. Creo que solo los separa que los etarras defienden la violencia y los asesinatos, y los podemitas y similares parece que no están a favor, aunque con el apoyo al gorila venezolano a uno le entran dudas... No tiene nada de particular hacer un homenaje a Miguel Ángel Blanco. Es un símbolo. Eso no supone menospreciar al resto de las víctimas. Al contrario, al honrar a Miguel Ángel Blanco, en su nombre se las enaltece a todas. En Los Inválidos está enterrado un símbolo de la resistencia francesa cuyo nombre ahora no recuerdo, y nadie entiende que sea una víctima de primera y los demás caídos sean secundarios.

1 EnElNombreDeCristoMeHonro

Qué inteligente, argumentos elaborados, sutiles, nada de simplezas mitineras o tabernarias...

2 Mero

Eu son soberanista, coincido ideolóxicamente coa posición actual do polo soberanista vasco, coincido en que o réxime democrático actual é un pseudofranquismo sen Franco. Dito esto, aborrezo o terrorismo de ETA, que tantas vidas inocentes sesgou, e estou completamente a favor de que Miguel Angel Blanco e todas as víctimas de ETA teñan a homenaxe, recoñecemento e reparación que se merecen

3 absit_gloriari_nisi_

Lembro como chamaba a oposición ao fenecido Chávez: Mico mandante...¿non era así?