17 adegas exhibirán os seus mellores viños na Feira do Viño de Valdeorras

O evento chega á súa XX edición e ofrece eventos paralelos aos visitantes como actividades infantís, showcooking e unha variada oferta musical.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 15/07/2017 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

No acto inaugural de hoxe, programado para as 12.30 horas, estará a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o presidente en funcións do Consello Regulador, Francisco García, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o alcalde do Barco, Alfredo García. E como pregoeiro de excepción, o actor Javier Veiga.

A Conselleira do Medio Rural,  Ángeles Vázquez
A Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez

O recinto feiral, situado na Praza de Viloira, permanecerá aberto en horario de 12.30 a 14.30 horas e de 19.30 a 23.00 horas para que as 17 adegas participantes podan presentar e vender os seus mellores caldos aos visitantes. En concreto, terán presenza na feira as seguintes adegas: O Cepado, A Tapada, Guitián y Blanco,  Roandi, Avancia, Cooperativa Jesús Nazareno, Cooperativa Virxe das Viñas,  Sampayolo, Quinta da Peza, Viña Costeira, Eladio Santalla, Santa Marta, Melillas,  Fornos GRS, Felipe Mayo, O Casal e José González.

Na xornada de onte celebrouse unha cata profesional na sede do Consello Regulador e o domingo, ás 20.30 horas, entregaranse os premios ás bodegas gañadoras deste certame oficial.

O showcooking será hoxe ás 20.00 h. no recinto feiral a cargo de Flavio Morganti, chef dos restaurantes Galileo e Galigola de Ourense..

Ao longo da fin de semana haberá actuacións musicais e actividades dirixidas aos cativos. Hoxe pola mañá actuará a charanga Fuego e pola tarde, ás 19.30 horas, o grupo Airiños de Caldelas amenizará a sesión vespertina co seu espectáculo musical. Xa pola noite, a música seguirá a cargo dun DJ e do grupo barquense O Son do Sil. Na xornada do domingo, actuará a charanga N.B.A.

Recinto feiral na Praza de Viloria. Fonte: DO Valdeorras.
Recinto feiral na Praza de Viloria. Fonte: DO Valdeorras.

Para facilitar os traslados ao recinto feiral, porase en marcha o tren Valdeorras Expreso. O percorrido comprende saídas desde o polideportivo, pasando polo hospital e a praza do Concello do Barco ata chegar a Viloira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Baquiño

Pois eu estiven onte alí e o cutrangas da Adega Guillán (con moi bó Godello, por certo) case nos mata de sede (e pagando!!!).....olla que é agarrado!!!!!!

1 cesc

Haberá que probarlle o godello logo...