'Petiscos con D.O. Valdeorras', unha ruta de pinchos que une A Rúa e O Barco

Está organizada pola Denominación de Orixe en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e confórmana 15 establecementos dos dous concellos. Os propostas gastronómicas teñen que estar elaboradas con viños do territorio.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 27/05/2025 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

“Petiscos con D.O. Valdeorras” é o nome que recibirá a Ruta de Pinchos da XXVI Feira do Viño de Valdeorras, un evento que organizada o Consello Regulador en colaboración coa Asociación Empresarial Valdeorras, AEVA.

A secretaria do Consello Reguladar da D.O. Valdeorras, Patricia de Andrés (esquerda), e a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández (dereita). Foto: Gabinete de Comunicación CRDO Valdeorras.
A secretaria do Consello Reguladar da D.O. Valdeorras, Patricia de Andrés (esquerda), e a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández (dereita). Foto: Gabinete de Comunicación CRDO Valdeorras.

A partir do día 27 e ata o 30 de maio, en horario de 19:00 a 20:00 horas (ou ata fin de existencias), un total de 15 locais de O Barco e A Rúa ofrecerán as súas propostas elaboradas con viños amparados pola denominación de orixe valdeorresa, ao prezo de 3 euros.

A presidenta da AEVA, Araceli Fernández, comentou na presentación que “trátase dunha cita que regresa tras varios anos sen celebrarse e que o fai con máis forza, sabor e sentido que nunca para a promoción dos nosos negocios e noso maravilloso viño”. Da mesma opinión manifestouse Patricia de Andrés, secretaria do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, quen afirmou que “na D.O. estamos encantados de recuperar esta cita despois de cinco anos de parón e ademais de que por primeira vez se celebre en dous concellos diferentes”.

Araceli agradeceu a implicación dos hostaleiros, subliñou que é unha aposta por un traballo conxunto e insistiu en que a actividade “non é unha competición entre os locais”, senon que “se busca colaborar, sumar, e facer comarca”.

PARTICIPACIÓN E PREMIOS NA RUTA DE PETISCOS

As persoas participantes deberán facerse con un “Pasaporte de petiscos” que terán que selar nos locais onde consuman cada pincho. Así, quen cade completar os catro selos poderá depositalo nas urnas dispostas nos locais para a posterior realización dun sorteo que se levará a cabo durante a clausura da XXVI Feira do Viño, o domingo 1 de xuño.

Aqueles que sexan quen de completar a ruta poderán gañar un lote de viños de adegas participantes na Feira, unha cea para dous persoas, maridada con viños de Valdeorras e dúas visitas a adegas para dous persoas, con cata incluida.

As redes sociais tamén serán testigos dos mellores momentos da Ruta grazas á campaña baixo o hashtag #petiscosconDoValdeorras. A iniciativa busca animar aos participantes a compartir as súas mellores fotos e aquela que obteña máis “me gusta” será premiada cunha caixa de viño dunha das adegas participantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta