A Xunta presume do feito na Limia; investimentos en regadíos e parcelaria

Di que investiu 15 millóns de euros na "modernización" do regadío.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2025 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural destacou a súa aposta pola comarca da Limia con case 15 millóns de euros para "a modernización do seu regadío e máis de 16.600 hectáreas de terra mobilizadas". Así o sinalou este luns a titular do departamento, María José Gómez, quen se reuniu con alcaldes desta comarca ourensá.

En concreto, a conselleira reuniuse cos rexedores de Xunqueira de Ambía, Porqueira, Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Trasmiras. Unha reunión na que se avaliaron os avances rexistrados en relación co regadío e tamén no campo da mobilización de terras.

Sobre o regadío, a conselleira lembrou a recente firma dun novo convenio coa Comunidade de Regadoras Nova Limia por importe de oito millóns de euros ata 2032 para que poida facer fronte a parte do financiamento que lle corresponde asumir. Nesta liña, abordaron a necesidade de executar actuacións de limpeza nas canles principais e secundarias do regadío. neste sentido, Gómez explicou que a documentación necesaria para levar a cabo estas tarefas xa foi remitida ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Con todo, a Xunta defendeu nunha nota de prensa que "un sistema de regadío moderno axuda, precisamente, a ter un terreo produtivo e coidado".

Parcela alagada, antiga lagoa de Antela, en Piñeira Seca, a 16 de maio de 2025, en Xinzo de Limia
Parcela alagada, antiga lagoa de Antela, en Piñeira Seca, a 16 de maio de 2025, en Xinzo de Limia | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta