Así se está a crear o supercarballo galego

Un carballo mellorado xeneticamente, que medre máis rápido e proporcione madeira de calidade e así deteña a entrada de plantas foráneas. Este é o obxectivo dun proxecto da Fundación Juana de la Vega e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que agora entra na súa fase decisiva.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Nos próximos meses plantaranse os primeiros exemplares mellorados en Trasmirás, Santa Comba e Chantada. Os novos carballos medrarán en varias leiras de titularidade pública, tanto na zona atlántica como na Galicia oriental.

Recollida de landras de carballo
Recollida de landras de carballo | Fonte: juanadevega.org

En que son diferentes estes carballos? A Fundación Juana de la Vega explica que xuntan materiais xenéticos de diferentes procedencias xeográficas, dentro da mesma zona climática galega. O obxectivo final é que nos viveiros privados se poidan vender carballos máis robustos e con garantías de éxito. Árbores que medren máis rápido pero que tamén proporcienen madeira de mellor calidade.

Para conseguilo, recolléronse 24.000 landras en carballeiras de Quercus robur. Esas landras xerminaron en varios viveiros —Viveros Costa de Lóngaras (Abadín) e Centro Forestal Rías Baixas (Vilaboa)— durante dous anos, desbotándose os peores exemplares. 

Agora plantaranse no monte co obxectivo de, ao final, facer unha nova criba, escollendo os que mellor se adapten. Para isto, plantaranse xuntos -uns 2.500 por hectárea- de xeito que teñan que competir tanto pola luz como polo alimento. 

Tras unha terceira criba, a Fundación explica que “estes exemplares formarán parte das catro carballeiras selectas melloradas de carballo de Galicia como fonte de semente de calidade para a produción de plantas de viveiro e a súa posterior plantación forestal”.

Os promotores da mellora xenética do carballo galego en Lourizán
Os promotores da mellora xenética do carballo galego en Lourizán

A iniciativa botou a andar en 2015 e, segundo Campo Galego, os primeiros exemplares sairán dos viveiros cara tres fincas do Banco de Terras en inverno.  A meta final é crear, en palabras do Centro de Lourizán, unha “auténtica reserva xenética do carballo na nosa xeografía”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Para cando o Supercarallo???? (ese do que nunca disfroitará o EunucomononeuronalcipaiolambeQ´sespañois do Nostrus et all....).