Pensas facer unha reforma integral da túa casa ou negocio? Isto é o que debes saber

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/07/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

Levar a cabo unha reforma integral é unha decisión que non debe tomarse a broma, pois pode converterse nun proceso longo e complicado. Por iso é vital coñecer algúns consellos útiles e acudir a expertos e profesionais do sector, que poidan aconsellarche e organizar de forma correcta a reforma, para que así estea lista canto antes e da mellor forma.

Alguén ideal, por exemplo, a quen recorrer é a plataforma de reformas Quotatis, cuxa páxina web está deseñada para facerlle a vida máis fácil a todos aqueles que buscan reformar a súa casa ou o local do seu negocio. Son capaces de atopar os mellores presupostos de empresas da túa zona, ofrécenche ata catro deles, cos prazos estimados, para que escollas o que mellor se adapte ás túas necesidades. Reformas, fontanería, pintura ou carpintería, en lugar de preguntar manualmente a cada profesional, nesta web é posible obter o orzamento de todos. É un método gratuíto e, ademais, tan sinxelo como encher un formulario persoal.

Desde Quotatis recomendan aos seus clientes ter moi claro o que se quere facer antes de comezar co proxecto. Unha vez decidido hai que implicarse nel e verificar o equipo profesional, e o orzamento, co que vas poñer en marcha a ansiada reforma integral.

Con todo, é importante lembrar todos os aspectos legais e os trámites relativos ás licenzas e permisos que hai que xestionar. Dentro diso pódense atopar diferentes tipos, como a reforma de acabados, que se administra mediante un sinxelo comunicado, baséase en temas de pintura, acabado ou de chans. En cambio, as reformas que cambian a distribución ou que afectan a un elemento estrutural necesitan de máis licenzas e atender ás normas establecidas, mesmo se debe contar cun arquitecto para a súa realización, como sucede no segundo destes dous casos.

Un aspecto positivo da plataforma, e que achega gran confianza aos usuarios, é que ofrece valoracións sobre cada un dos profesionais que protagonizan os orzamentos que presentan. Deste xeito, facilítase a tarefa de decidir entre uns ou outros segundo a experiencia que tiveron outros usuarios con estes profesionais. Garántese así que estas empresas con fiables e que traballan con materiais de calidade. Así como pódese comprobar que efectivamente cumpran os prazos acordados.

O proceso termina coa firma do contrato de obra, un documento legal que pode ser presentado ás autoridades. Ademais, especifica cada apartado do plan e soluciona posibles dúbidas que o usuario albergue. O obxectivo é simplificar a tarefa de organizar unha reforma integral para que o beneficiario da mesma poida gozar da experiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta