A curva da Grandeira acolle unha sentida homenaxe aos 80 falecidos catro anos despois

A homenaxe aos falecidos no accidente do tren Alvia ocorrido agora fai catro anos no barrio de Angrois, xunto á curva da Grandeira, transcorre este luns, de novo, presidido pola demanda de non esquecer por parte das vítimas e os seus familiares.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2017 | Actualizada ás 20:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A homenaxe aos falecidos no accidente do tren Alvia ocorrido agora fai catro anos no barrio de Angrois, xunto á curva da Grandeira, transcorre este luns, de novo, presidido pola demanda de non esquecer por parte das vítimas e os seus familiares.

Homenaxe ás vítimas de Angrois
Homenaxe ás vítimas de Angrois | Fonte: Europa Press

No 'campo da festa' desta zona de Santiago, onde o descarrilamento dun convoi provocou 80 mortes e deixou feridas a 144 persoas, a plataforma de afectados lembra aos que xa non están nun sentido acto que concluirá ao redor das 20,40 horas, momento no que se produciu a traxedia o 24 de xullo de 2013.

Previamente celebrouse unha misa na Colexiata de Sar e, pola mañá, unha manifestación reivindicativa para reclamar "verdade, xustiza e reparación" percorreu as rúas compostelás.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta