Temas: LUGO

Detido un mozo en Lugo por unha agresión sexual a unha moza en pleno centro da cidade

O agresor tivo que fuxir logo de ser increpado por outras mulleres. A Policía detívoo nas portas dun local de copas.

Por E.P. | LUGO | 31/07/2017 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un mozo de 24 anos de idade e veciño de Lugo foi detido na madrugada do domingo por unha agresión sexual e un delito de lesións contra unha moza de 20 anos rexistrada en pleno centro da cidade lucense.

Muralla de Lugo coa catedral ao fondo
Muralla de Lugo coa catedral ao fondo | Fonte: quetiempo.es

Foron axentes do grupo nocturno da unidade de Policía de Barrio da Policía Local os que procederon, sobre as 5,00 horas do domingo, á detención do mozo, que responde as iniciais Y.M.L..

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron cando a vítima se atopaba na Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes. Entón foi agarrada fortemente polos brazos polo agresor, quen a empuxou ata o calexón de acceso á Praciña do Colexio, onde tentou bicala na boca e focexeou con ela.

A Policía Local explica no seu relato que "mesmo parece ser que chegou a darlle a volta e esmagala co seu corpo contra a parede, coma se quixese penetrala", ata que chegaron tres mulleres que lle chamaron a atención ao agora detido, co que soltou á muller e abandonou o lugar.

Unha vez coñecida a descrición física do agresor, os axentes realizaron unha batida pola zona e o mozo agresor foi localizado na porta dun local nocturno da rúa Casas Novoa, onde foi detido. O arrestado foi levado a dependencias policiais, onde se instrúen as dilixencias para o xulgado de garda.

Pola súa banda, a vítima foi trasladada polos axentes ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Fingoi para recibir atención médica.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sherlock

A ver cuando los periodistas se enteran que los lectores completamos sin ninguna dificultad los datos que nos ocultan en las noticias.