Compostela Aberta critica a varios medios de comunicación

O último número do Viso, o xornal de Compostela Aberta, volve a cargar contra algúns medios en comunicación. En concreto, contra La Voz de Galicia, ABC e El Correo Gallego ao fío do arquivo da causa contra o concelleiro Jorge Duarte.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/07/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Na sección “As mentiras dos medios”, a marea compostelán reproduce varias informacións das citadas cabaceiras marcadas cun “Falso”. No texto explica que Duarte lanzou un grupo de traballo con funcionarios e posición para aclarar o procedemento para pór sancións aos locais de ocio expedientados, malia o que “algúns medios e o PP xulgaran a Duarte antes de tempo”.

Sección 'As mentiras dos medios' en O Viso de Compostela Aberta
Sección 'As mentiras dos medios' en O Viso de Compostela Aberta

Compostela Aberta lembra que a Fiscalía non escoitou a versión do concelleiro antes de solicitar a súa imputación. Unha acusación  que foi arquivada pola xuíza nove meses despois tras escoitar a versión do político.

Duarte mostra nunha rolda de prensa un dos expedientes polos que está imputado
Duarte mostra nunha rolda de prensa un dos expedientes polos que está imputado | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 abrairas

A kollona de Lugo, voltou a mudar de nick?

1 Failde

A kollona resultou que era kollón, e mordeu o anzó debido à enorme fame para chupar que gastan no BNG. A pateta ilustrada xa non engana nin mudando de nick.

5 Desencantado

A ver, varios meses despois por que se saca isto? Ao mellor por que hai medo a que cun bo candidato do PSdG con experiencia coma xestor excelente non se repita? Ao mellor no PSdG non elixen este bo candidato. ¿Por que? Moitos simpatizantes saben que nomes habería que poñer para ter tirón na Coruña e en Santiago e coma non se puxeron. ¿¿or que? Se, fose o caso e o PSdG presentase a Leiceaga ou o PP a Puy ían ter moi difícil gobernar estes... De todos os santiagueses é isto sabido. Por que non se presentaron candidatos con tirón?

1 anonimo

Pois porque non queren. Puy e Leiceaga estanche moito mellor no Parlamento. E teñen unha docencia estupenda á que voltar con moitos trienios. O do PSdG en Santiago tampouco cho amañaba Leiceaga. Cómo teñen que andar para que un concelleiro leve os meses que leva sen arre nin xo. ¿Onde se viu iso? E o PP rematou tan desprestixiado e enfangado que eu poría a Paulita regalitos de la h. Pero tamén che é de boa caste, e está mellor no Parlamento.

2 Desencantado

Evidentemente, agora vivides no paraíso. Os militantes teñen que estar ao servizo dos partidos. E nin ti cres que presentando a Leiceaga (excelentísimo xestor cunha traxectoria modélica) o PSdG non melloraría os resultados. O que pasa é que hai mediño... Tranquilos que estes pesoístas vos farán seguro o favor de presentar un candidato que vos deixe ao actual alcalde. E o bloque seguro que se suma na escolla do "candidato" ou "candidata" que máis votos poda mobilizar a favor de vós...

3 Desencatado

Para rapidez a dos "teus" en contestar na súa folla parroquial... A ver xuntar dúas palabras escritas é máis dificultoso que resolver os problemas mundiais en charletas de café ou andar a falar uns mal dos outros mentres Santiago se enche de fochancas e cada vez se converte máis nun parque temático. A ver cando nos indicades na folliña parroquial as medidas a tomar para evitar isto último... Anda.. iso dá traballo... E claro... https://www.youtube.com/watch?v=Oas... Ah, de paso escribides na folliña parroquial esa que sacades as iniciativas parlamentarias dos "vosos" en Madrí... Espazo moito non vos van ocupar.

4 Balbino Fernández

Kollona, se es muller, orgullosa de selo, non teñas medo a escribir en feminino: desencantada coas Mareas, a favor do PsoEspañolisimo e de ganchete co BNG! Non disimules, nótase o cheiro a raposa a leguas! Que te vai salvar o PSOE de ganchete co BNG! Leiceaga un grande xestor que virou a chaqueta para o españolismo: un modelo, si señora raposa!

5 Desencatado

http://www.lavozdegalicia.es/notici... Recomiendo lectura de los párrafos 3º y 4º especialmente. Tanbién esta noticia, si bien no soy fan del alcalde Caballero no me duelen prendas en reconocer el trabajo bien hecho. http://www.publico.es/sociedad/traf... Con respecto a tus obsesiones... No sé que decirte, no soy especialista. En cualquier caso, una canción a ver si se dulcifica tu carácter. https://www.youtube.com/watch?v=1eK...

6 Balbino Fernández

Ben, agora que xa non aparentas ser muller maltratada nos foros (uso propio de noxento raposo), e que te pasaches ao castelán (dobremente raposo fedorento), confirmas a caste de pelotas que es e a manía persecutoria que segues contra as Mareas de Podemos. Lé de vagar, eu nunca lles votei, nin a esta nin a ningunha sucursal madrileña, pero ante fanáticos coma ti --permite que te trate de macho, agora que xa non disimulas-- sinto noxo dos cadelos mansos de partido que lles ladran a todos menos ao amo (Castelao). A fame ou as gañas de comer dos lacaios do BNG-PSOE debe ser grande, enorme! Ficas retratada Kollontai luguesa, Pasabaporaqui, FadaLoba, Desencantado, e outros nicks de troleira ao servizo doméstico do BNG-PSOE!

7 Balbino Fernández

Abel Caballero e as turborotondas? Bravo! Que importan a falla de plano urbano, Gran Vía alegal, macro edificacións a derrubar se cumpren sentenzas... Que importa a limpeza, Carmela Silva ten familia... Que importa a concesión millonaria do auditorio sen uso, a decadencia do MARCO... Que importa o paripé de ofrecer e nada facer dun parquing gratuito para contrarrestar o roubo do Alvaro Cunqueiro... Que importa boicotear o transporte público da área metropolitana, o localismo contra Compostela, co Porto... Que importa a chulería e o matonismo... Que importa a panificadora caendo que se mira desde a xanela da alcaldía, o Berbés desfeito, a penosa idea de valorizar o patrimonio, como colocar un barco nunha rotonda contra os veciños... A quen lle importa, temos turborotondas! E temos Raposo Encantado con Abel Caballero! Viva o sacrificio do BNG de Vigo para levantar ao Caudillo Caballero!

8 O Freire

Kollon, desta pillaronte!!! Es tan previsible e por riba mordes na isca!!! Ridiculo, caes na tua propia trampa!!! Que o demo protexa ao BNG con xente coma ti dentro ou na porta!!!

4 balbino

Menudos titulares, unha vergonza para quenes se dín periodistas, está case a altura de que escribiu que o dia de Galica había varios "centos" de persoas na praza da Quintana.

1 Funcionario que estaba alí

Home, falsos falsos non son amigo. Quedou probado que si paralizou os expedientes, e que si deu instruccións aos funcionarios para retrasalos e aparcalos. Outra cousa é que o que fixo fose constitutivo do delito polo que o xulgaban... cousas da xustiza, Pero bueno, no concello de Santiago hai unha morea de empresas de amigos que contratan a dedo que son máis delito que o que fixo Duarte, eso sí, como en todos os concellos.... pero se presumes de algo...

3 Compostela Aberta dos amigos

Avisade aos de Compostela Aberta que a xuíza si confirmou que Duarte paralizou expedientes, e por iso estivo imputado. Se cadra non se enteraron, como tampouco se enteraron de como o goberno de Compostela Aberta contrata ás empresas amigas e de amigos. A ver se Galicia Confidencia investiga algo por aí, ¿ou diso non se fala porque o Concello de Santiago contrata publicidade nesta web?

2 anonimo

http://www.galiciaconfidencial.com/... Esquecéusevos o enlace de aí uns meses... Completa a noticia a min paréceme de moito interese para os votantes.