Temas: FRANCO

A CRMH pide ao Parlamento galego que “lle pare os pés” á Fundación Francisco Franco

Pídenlle aos grupos parlamentarias unha condena firme do negacionismo dos Franco. O PSdeG insta á Xunta á que pare coa "provocación" desa institución.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/07/2017 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) solicita o amparo das institucións democráticas do país, nomeadamente do Parlamento galego, para que emita unha “condena firme do negacionismo que protexe os ilexítimos intereses da familia Franco en Meirás, encabezado pola Fundación Francisco Franco”.

Millán Astray con Franco
Millán Astray con Franco

Nun comunicado, critica que esta entidade, “de non disimulado carácter fascista e práctica antidemocrática”, insista nas “mentiras do relato totalitario do golpe de Estado do 36 e respecto do que foi espolio de Meirás” e critica que tente amosarlle aos visitantes do pazo “a grandeza da figura de Francisco Franco”.  “Non se trata aquí de entrar nunha discusión inútil con quen minte e deturpa a historia insultando e desprezando ás vítimas do franquismo e a toda a tradición democrática que, afortunadamente, está ben asentada no país”, denuncia.

Por iso, pídelle ás institucións galegas que “abandonen a ambigüidade es os medos” para que elaboren leis que garantan a verdade, a xustiza e a reparación das vítimas e “lle paren os pés ao negacionismo”. “Non é tempo de ser inxenuos ou pusilánimes diante de manifestacións como as da Fundación Franco. Non hai nada de inxenuo nese relato que converten aos verdugos en vítimas e que pretende crear un clima social de malestar”, critica.

Tamén os socialistas ven unha “burla ás vítimas da Ditadura” que a Fundación Franco xestione as visita sao pazo e pídenlle á xunta que o impida. Por iso, a deputada Concepción Burgo preguntará no Parlamento se a Xunta “ten a vontade política” de evitar esta situación que ve “unha provocación” da familia Franco.

Temas: FRANCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Ñu

Cuantro trinca en subvenciones la CRMH de La Coruña?

1 FUN_EU

Vou a que menos do que gaña nun mes aquel que dixo que as leis están para violalas, como as mulleres. Vou a que menos do que lle dan á faes. Vou a que menos do que gaña o alcalde dos dinosetos. Vou a que menos que os cartos que empregan algúns en pagar trolls pola prensa adiante..¿Podo seguir, ou xa sabes o que aburre a xente coma ti? Toma, mira para quén non hai fondos: https://www.change.org/p/recuperaci...

2 Buleblue

Vale, enterao de la CRMH de Cruña. Cuánto te pagan a tí por cada mensaje que escretas aquí?

1 PoisClaro

A ver se os de LaVoz viran todos tolos contra estes "okupas". O mais seguro que non porque son todos curmáns e na famiglia hai que levarse ben porque se non...