Milladoiro puxo o broche á XXXIV edición da Carballeira de Zas, que rexistrou en 2017 un aumento de público

O lendario grupo de música tradicional Milladoiro foi o encargado de pór o broche á trixésimo cuarta edición da Carballeira de Zas (A Coruña), unha das principais citas para os 'folkies' en Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2017 | Actualizada ás 11:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O lendario grupo de música tradicional Milladoiro foi o encargado de pór o broche á trixésimo cuarta edición da Carballeira de Zas (A Coruña), unha das principais citas para os 'folkies' en Galicia.

Festival Carballeira de Zas 2017
Festival Carballeira de Zas 2017 | Fonte: Europa Press

Segundo informaron desde a organización, a Carballeira de 2017 péchase cun incremento de público respecto de anos anteriores, unha tendencia que esperan confirmar en 2018 cunha edición que, avisan, "arrinca" a partir deste domingo.

A segunda xornada da Carballeira de Zas iniciouse cunha sesión vermú á que se achegaron numerosas familias para gozar de varios grupos musicais.

Xa na noite, os primeiros en subirse ao escenario foron Radio Cos, que abriron boca para dar paso ao gran nome da xornada: Milladoiro.

Miles de persoas achegáronse a Zas para ver a un dos grupos de folk máis recoñecidos do panorama internacional. Tras eles chegaron os irlandeses Moxie e os andaluces Rare Folk, que foron os encargados de pechar unha das edicións con maior número de público nos 34 anos do festival.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta