Temas: MULLER

Un xulgado contra a violencia machista sen xuíz

Traballadores do xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña remitiron unha carta advertindo da carencia de medios. Na misiva enviada aos seus superiores, denuncian en particular que non hai xuíza nestes días, dado que a titular está de vacacións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/08/2017 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A carga de traballo estival pasa así ao xulgado de garda. Con todo, os funcionarios alertan que a falta do substituto que reclaman xa provocou a suspensión, por exemplo, de vistas orais.Nesas vistas están pendentes por decidir aspectos como se un pai acusado de violencia contra a súa parella ten dereito a visitar aos seus fillos.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e Belén Liste
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e Belén Liste

A denuncia pública conta co apoio da propia maxistrada titular do Xulgado contra a violencia machista. 

Os traballadores destacan a hipocrisía das autoridades, que levan lustros mostrándose moi preocupados en público  por este tema. O responsábel directo da situación é o Ministerio de Justicia. Con todo, os operarios tamén culpan á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, por non facer ao seu entender dabondo presión ao respecto.

A crítica dos traballadores chega, precisamente, no mesmo día en que diversos mandatarios tentan sacar peito ao fío desta cuestión.

Así, a responsábel da Xunta, Susana López Abella, congratulouse esta mañá polo feito de que no que vai de ano aumentaron as denuncias ao fío da violencia machista. O Goberno Galego di que atendeu a 523 persoas a través do programa de atención e apoio psicolóxico.

Pola súa banda, o teléfono de información ás mulleres recibiu máis de 1.900 chamadas nestes seis meses. A Xunta informa ademais que outorgou axudas económicas a 235 vítimas.

Cifras que demostran do risco de deixar un xulgado contra o machismo sen xuíz titular. Precisamente, hoxe mesmo a deputada do PPdeG Paula Prado anunciaba no Parlamento unha iniciativa dos conservadores para a apertura de tres xulgados especializados neste tema no país. 

Temas: MULLER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Claro, claro, xa, xa.

Os maxistrados do resto de xulgados, algún co seu reforzo, e con tódolos anos de experiencia despois de aprobada a oposición non van ser quen de facer con normalidade unha vista de cautelares. Un/unha "pata negra" metido a empuxóns co calzador nesas listas de xuices substitutos, con apelidos sospeitosamente coincidentes con xente da carreira, mais non superaron a oposición, sí. Naceron aprendidos. Cousa do sangue. E os que acaban de aprobar e están de prácticas, tamén. Traen a experiencia e as táboas de serie.

1 DigoEu

E non substitúen... Que maravilla maravillosa. Son a hostia.