Temas: VENEZUELA

En Marea e BNG condenan os "actos violentos" contra institucións democráticas en Venezuela

"Un levantamento armado non é a forma de solucionar un conflito social", di Luís Villares. Luís Bará, do Bloque, recomenda "non botar máis leña ao lume desde fóra".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2017 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

En Marea e o BNG coincidiron este luns ao condenar os "actos violentos" contra institucións democráticas en Venezuela despois de que o fin de semana transcendese que un grupo de militares se sublevara contra o goberno de Maduro ao asaltar un cuartel en Valencia, a terceira cidade máis grande deste país.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

Respecto diso, preguntado polos xornalistas nunha rolda de prensa ofrecida este luns, o portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou que "un levantamento armado non é a forma de solucionar un conflito social". "Calquera alzamento de armas contra unha democracia que supoña a alternativa á solución pacífica dun conflito social parécenos unha mala noticia", manifestou o exmaxistrado lucense.

Ademais, preguntado pola postura de En Marea sobre as votacións da Asemblea Constituínte, proceso que non recoñece a oposición venezolana nin parte da comunidade internacional, Villares lembrou que hai organismos internacionais que a estiveron "verificando" e que, en termos xerais, "avalan a validez do proceso".

"Digo isto tamén porque observadores do ámbito das nacións unidas non puxeron en cuestión o resultado, ou só se puxeron en cuestión aspectos parciais pero non o fan invalidando o esencial do proceso", precisou para incidir en que En Marea prefire "que falen as urnas e non as armas".

POSTURA DO BNG

Pola súa banda, tamén preguntado respecto diso noutra rolda de prensa, o deputado do BNG Luís Bará mostrou a condena do Bloque aos "actos violentos" ocorridos en Venezuela, pediu que se respecten as "institucións políticas e legais" deste país e reclamou unha solución "pacífica" que beneficie á poboación.

Para iso, recomendou "non botar máis leña ao lume desde fóra" e instou aos organismos internacionais e ao Goberno español a "tentar axudar ou traballar para que haxa un proceso de diálogo que impida esta escalada de violencia e de tensión vaia a máis".

Temas: VENEZUELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Buleblue

Básicamente, el gobierno de Maduro consiste en corrupción y represión en grado máximo. Sus lacayos se dedican a robar y a asesinar de hambre y tiros a todo venezolano decente. Con el dinero que roban a manos llenas los jefes chavistas y sus allegados se dedican a la vida de lujo y desenfreno, como el reciente viaje a todo lujo de los hijos de Maduro, con 18 días de residencia en el Ritz. Este el modelo del comunismo gallego. Muchas gracias por quitarse la careta. http://www.larazon.es/internacional...

7 anonimo

Vale. pero en Venezuela hai 28.000 asesinatos ao ano, e eso non porque os venezolanos sexan víctimas de non sei quén, senón porque aquello é un caos. Venezuela ten moitos mais asesinatos que Arxentina ou Colombia. Eso non é culpa nen dos medios de comunicación, nen do imperilaismo ianqui. Cada vez que se fala de hiperinflación, de desabastecimento, os cegos saen con que si o imperilismo ianqui, coma se USA tivese culpa de eso. O que sexa menos recoñrcer que Venezuela é un caos, un Estado fallido.

6 gandalf

Onde esté a democracia avanzada que é Arabia Saudí, apoiada polo goberno español e a UE, que se quite a dictadura Venezolana.

5 anonimo

Se tan malos son USA e tan bo Venezuela. ¿Por qué Maduro enviou a USA a media familia con moitísimo carto, de a saber de onde saiu, a invertilo?

4 Ide para alá...

Venezuela (falo con coñecemento de ter media familia alá, clase obreira para que non existan dúbidas) dende hai máis de 10 anos: inseguridade total nas rúas casas e establecementos, secuestros e asasinatos a orde do día, sanidade e educación tercermundista, industria arruinada, agricultura arruinada, desabastecemento de produtos básicos, infraestruturas sen mantemento e ruinosas... Iso é o Chavismo. Iso defende o BNG e En Marea? Pos vale...