O mellor xamón de Galicia, mañá na Cañiza

O Festa-Feira do Xamón chega á súa 51ª edición e este ano celébrase o cuarto campionato de cortadores profesionais.

Por X.M. Fernández | A Cañiza | 11/08/2017 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Na ponte con máis festas do ano de Galicia, A Cañiza celebra a súa homenaxeando a este produto que non pode faltar nas casas galegas. A xornada festivo gastronómica terá lugar o día 15 de agosto e acolle tamén por cuarto ano consecutivo un dos campionatos de corte de xamón máis importantes de Galicia. O concurso está organizado polo cañicense Víctor Burgos, especialista en corte xamoneiro, e ten previsto o seu comezo ás 11.00 h no recinto feiral coa participación de máis de 30 cortadores.

3º Concurso de cortadores de xamón. Fonte: Concello A Cañiza
3º Concurso de cortadores de xamón. Fonte: Concello A Cañiza

A esta mesma hora, na Carballeira do Cacharado, terá lugar a venda de tikets para adquirir as racións elaboradas con xamón en diferentes versións: xamón curado, xamón asado, xamón cocido, empanada de xamón e tortilla de xamón. Todas as racións acompáñanse de pan e viño ou refresco e teñen un prezo de tan só 5 €. Con cada ración entregarase un pano conmemorativo e unha rifa para entrar no sorteo de 2 xamóns.

Ás 12.00 h. está programado o Desfile da Comitiva encabezada polos “Cabezudos”, os carros típicos guiados por unha parella de bois, o grupo folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe e os máis pequen@s vestidos co traxe rexional portando bandexas de xamón. Este desfile vai dende a Casa do Concello ata a Carballeira do Cacharado. Nesta localización e en horario de 12.00 a 13.00 h. actuará o grupo de folk local “Os do Cruceiro”.

A partir das 13.00 h. Saúda das autoridades, entrega de premios para os concursos de narración, pintura e fotografía relacionados co 51 aniversario da Feira do Xamón, entrega de premios tamén aos mellores cortadores e actuación final da Banda de Gaitas Sta Cristina de Valeixe.

Para a tarde está previsto un pasarrúas a partires das 18.00 h., unha actuación na Praza Maior e un espectáculo de animación infantil na Praza de Oriente cara as 19.15 h. En horario nocturno actuacións do grupo M3 e o espectáculo MITIC Tour 2017.

Mostra publicitaria Festa do Xamón. Fonte: Concello A Cañiza
Mostra publicitaria Festa do Xamón. Fonte: Concello A Cañiza

A Festa do Xamón da Cañiza está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia

Carros tirados por bois. Fonte: Concello A Cañiza
Carros tirados por bois. Fonte: Concello A Cañiza
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta