Temas: ABANCA

Dende a privatización, ABANCA perdeu un 20% dos postos de traballo, calcula a CIG

O sindicato alerta que “os despedimentos son pagados con diñeiro público” grazas ao rescate das antigas caixas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG en ABANCA fixo contas hoxe sobre o impacto laboral da nacionalización e posterior venta das antigas caixas. De acordo as súas contas citando datos de Bruxelas,  hai catro anos, NCG Banco tiña 5.043 traballadores e un total de 641 oficinas e afinais do ano pasado a propia entidade indicaba que tiña  4.032 empregados/as e 668 oficinas. Polo de agora ABANCA non refutou os números da central.

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

O sindicato denuncia que, loxicamente, aumentou a carga de traballo dos operarios. A CIG lembra que antes de NCG Banco, cando funcionaban Caixa Galicia e Caixanova, entre as dúas tiñan traballando 8.000 asalariados. Polo tanto, a crise teríase levado por diante case a metade da forza laboral das antigas caixas.

A CIG alerta que boa parte destes despedimentos están a ser sufragados con cartos de todos. “O rescate autorizado por Bruxelas levou ao Estado a provisionar con diñeiro público os despedimentos previstos inicialmente no Plan de Reestruturación do 2013. Así, Abanca está despedindo sen que lle custe un euro, pois os despedimentos son pagados con diñeiro público”, indica o colectivo nacionalista.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta