Un coruñés detido acusado de agresor sexual reincidente

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño da Coruña que introduciu pola forza a unha menor nun portal do municipio coruñés de Cambre despois de abordala pola rúa, segundo informa a Benemérita.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/08/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño da Coruña que introduciu pola forza a unha menor nun portal do municipio coruñés de Cambre despois de abordala pola rúa, segundo informa a Benemérita.

Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes
Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes | Fonte: uvigo

Os feitos producíronse a finais de xullo cando a moza se dirixía a un centro de estudos. Mentres andaba pola rúa, un home agarrouna fortemente polo brazo e comezou a facerlle preguntas sobre a súa idade ou dirección, aparentando coñecela en todo momento.

Seguidamente, comezou un forcejeo no que o agresor tentou bicar á moza nos beizos e, ao non conseguilo, bicouna varias veces polo rostro, introducíndoa á forza nun portal.

APARENTOU SER O NOIVO

Nese momento, unha amiga da menor apareceu no lugar, "o que puido axudar a repeler a agresión e fixo fuxir ao home mentres dicía ser o noivo da vítima e que a pasaría a buscar máis tarde", explica a Benemérita.

Durante o trascurso da investigación, unha muller afirmou atoparse co agresor nunha ocasión e que tamén tentou abordala, pero que optou por non denunciar. Agora, o detido terá que presentarse todos os xoves ante a sede xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta