Rajoy deixa Galicia tralo atentado en Barcelona e viaxa á capital catalá

O presidente do Goberno e do Partido Popular suspende os actos previstos no noso país e trasládase á capital catalá tralo atropelo masivo nas Ramblas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2017 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, suspendeu todos os actos previstos para este venres, día 18 de agosto, en Galicia con motivo do atentado terrorista ocorrido en Barcelona, con 13 vítimas mortais confirmadas e medio cento de feridos, até o momento.

Atentado nas Ramblas de Barcelona
Atentado nas Ramblas de Barcelona | Fonte: @Juanhann64.

Rajoy partiu cara a capital catalá esta tarde para seguir in situ a operación antiterrorista e a evolución das vítimas. Alí convocouse un gabinete de crise.

En Galicia, Mariano Rajoy ía visitar este venres o municipio coruñés de Padrón xunto ao presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais, ás 11,00 horas, prevía visitar a Casa Consistorial e asinar no Libro de Honra para, posteriormente, dar un paseo pola localidade ata o Xardín Botánico.

Rajoy saúda a Feijóo
Rajoy saúda a Feijóo | Fonte: PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta