o PP vende o noso futuro e pasado... A pesca (II)

No anterior artigo falaba da venda que fan os señores Rajoy e Feijoo das nosas Rias, das nosas artes, de como estes políticos vendidos ás multinacionales da acuicultura buscan que esta arte de "granxas mariñas" sexan a base do abastecemento de peixe da población, co perxuizo a os mariscadores e a os pescadores das artes menores das nosas Rias, e tamém o perxuizo na saúde dos consumidores.

Por Carlos González Armada | Vigo | 21/08/2017

Comparte esta noticia
Entremos en materia enton....pra que entendades o fondo do que ocurre decirvos que o noso pais é un dos principais consumidores de peixe do mundo, (falo de España), tendo uns 8.000 kilómetros de costa, e sendo o pais de CEE que mais emprego xera no sector da pesca. Neste marco temos que tan só o 11% de ese sector se dedica ao arrastre, e curiosamente sendo o 89% os da pesca artesanal, son os que menor capacidade de negociación teñen nos repartos das cuotas pesqueiras de cada ano.
 
O problema está en que os arrastreiros cada ano aumentan o potencial dos seus motores, é dicir, cada año teñen máis posibilidades de arrastrar máis. O que ocurre cando estos barcos botan as redes ao mar, e que pra arrastrar estas deben chegar aos fondos mariños, e coa forza dos motores van arrasando a seu paso esos fondos, os corais, os arrecifes e condenando a fauna a ir morrendo pouco a pouco ao ser destrozado o seu habitat......a pesar desta insotenibilidade e de ser tan só o 11%, ao arrastre corresponde a maior parte das cuotas pesqueiras.
 
Como e posíbel isto???......veredes, as cuotas pesqueiras as reparte e decide a UE, por especie e por estado membro, pero son os estados os que reparten as porcentaxes por arte de pesca, polo que o culpable de esta situación é o estado español, xa que eé o noso goberno quen decide que o arrastre e quen debe de ter uma cuota de mais toneladas que as artes artesanais, pero o maior problema ven cando o arrastre non cumple coa cuota asignada e Europa reduce a cuota a o Estado español, con que o ano seguinte a xa reducida cuota das artes artesanais e ainda mais pequena.
 
O regulamento 1380/2013 de 11 de diciembre que aproba a nova política pesquera comun, no seu considerando 33 reza o seguinte: "o aceso as pesqueiras debe basarse en criterios transparentes e obxetivos, entre outros de carácter medioambiental, social e econômico, os estados membros deben promover a pesquería responsável, oferecendo incentivos pra aqueles operadores que faenen coas técnicas menos perxudiciais pra o medioambiente, e que aporten os máximos beneficios pra sociedade".
 
Ante isto e facilmente entendible que e o noso goberno o que non cumpre, nin con os nosos pescadores que si respetan o medioambiente, (mariscadores e artes menores),  nem coa lexislacion vixente, porque non inspeccionan adecuadamente a aqueles que están a maltratar o noso mar, e se dedica a asfixiar a quen si a cuida e práctica uma pesca sostenible.
 
Considero que este tema e moi grave, xa que un país como o noso, con uns recursos pesqueiros como os nosos, e que en base a eles podria xerar un empleo estable e sostenible, non pode admitir que a sua cuota pesquera se vexa reducida cada ano, aumentando a nosa dependência do exterior por culpa de uns gobernantes INÚTILES e corruptos, que buscan favorecer a os poderosos, a os seus amigos, e que exprimen a os de abaixo.
 
Se o governo quixese favorecer o noso pais e as nossas xentes, adicariase a promover as pescas artesanais, e non o contrário, e o fai asi porque todo o peixe que non serve depois de uma pasada do arrastre, queda para fariña que logo e utilizada pra alimentar a o peixe das piscifactorias, convertendo iso num círculo vicioso que vai acabando coa biomasa marina e facendo mais necesario, ante a escasez, de implantar as xa nomeadas piscifactorias.
 
Se o governo erradicase a pesca de arrastre, como xa se fai en outras latitudes, haveria mais traballo, mais calidade no peixe de consumo, e o medioambiente se veria favorecido. Pero e que non fai falta né tan siquiera eliminar esta arte...con situar a sua actividades fora das 12 millas seria suficiente, e non só seria suficiente si non que o rápido crecemento da biomasa marina favoreceria inclusive a propia pesca do arraste que teria mais cantidade de materia prima.
 
Si se tomase esta sencilla medida o empleo no sector crecería de forma exponencial, xerando a cantidade necesaria de traballo pra erradicar uma grande parte do paro xuvenil de Galicia, e oferecendo uma saída laboral a nosa población, asi como preservar o medio marino e aumentar a biomasa marina, de tal xeito que, si se sumase a medida de replantexar o reparto de cuotas de forma adecuada a realidade do sector, e tendo en conta a opinion dos pesqueros das artes menores, en DOUS ANOS estaríamos facilmente abastecidos, e non teríamos que ser sancionados coa reducción continua da nosa cuota da UE, e a nosa dependência do exterior seria CERO.
 
E a nosa obriga defender as pesqueiras sostenibles, as dos mariscadores, as das artes menores...é uma necessidade, por empleo, por saúde e por sostenibilidade do medioambiente, porque os SEÑORES do PP, con Rajoi e Feijoo a cabeza, o que queren e favorecer a os seus amigos que depois poden encher as suas bolsas de compensaciones xenerosas, e pô-las que todos os demais cidadans estamos a ser perxudicados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial (Inxeñeiro e Criminólogo). Portavoz de Xuntos Podemos (movemento interno de Podemos Galiza) e co/fundador de Podemos 15M (movemento de federalizacion de Podemos estatal en Galiza)