Temas: LUMES INCENDIOS

Incendios: “En vez de conter a hemorraxia, hai que cauterizar a ferida”

A Sociedade Galega de Historia Natural pide un cambio de política na loita contra o lume ante a evidencia de que, goberne quen goberne, pasa o mesmo todos os veráns.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/08/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Galicia enfróntase cada ano a unha batalla que ten perdida antes de comezar. Por iso, cómpre deixar de facer “o mesmo de sempre”, que é conter a hemorraxia no lugar de “cauterizar definitivamente a ferida”.

Camión do GES de Mugardos queimado nun incendio en Ferrol este ano, sen danos persoais
Camión do GES de Mugardos queimado nun incendio en Ferrol este ano, sen danos persoais | Fonte: @AAMMdeCCOOGZ

Este é o punto de vista da Sociedade Galega de Historia Natural, un dos principais colectivos ambientalistas do país, que fai un chamamento a dar un paso atrás e reflexionar sobre porque 

“independentemente do volume de vexetación, ou de secas máis ou menos pronunciadas, ou de quen goberne e quen estea na oposición” todos os verán pasa o mesmo.

“A sociedade, a administración e o medio natural galegos son derrotados xa de antemán, aplastados por uns poucos individuos que con gran facilidade, medios rudimentarios e unha enorme impunidade poñen en risco tanto a vida e a seguridade das persoas como os seus bens e facendas, hipotecando o noso futuro como país”, argumentan os ecoloxistas.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Cansino

Vaia, menudo razonamento... Pois polo mesmo que todos so terrorismos acadan iso... Porque é moi sinxelo actuar, moi difícil previr onde o van facer e moi difícil detelos. Todo o mundo sabe que en Galicia o 95% dos incendios son provocados e que se se corta o tema incendiario non habería tanto lume pero por parte do colectivos nacionalistas ecoloxistas interesa máis facer campaña contra o eucalipto, os maderistas, a Xunta, as empresas forestais... dicindo que son elas as pirómanas.

1 Leike

"Iso, iso: que terán todos, que afirman que a Xunta deixa arder o país sen preocuparse? É como estes coches todos, que hoxe lles deu por circular en sentido contrario! Menos mal que eu teño cabeciña!"