Campaña contra as gasolineiras ‘low cost’

COGAMI reclama que teñan persoal durante todo o horario de apertura porque supón “unha clara discriminación para as persoas con discapacidade” e para outros colectivos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/08/2017 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou unha campaña de recollida de sinaturas en contra das gasolineiras que carecen de persoal laboral, as coñecidas como gasolineiras low cost, porque, segundo esta entidade, son discriminatorias para o conxunto de persoas que representa.

Gasolineira
Gasolineira

As Comunidades de Estremadura, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Castela A Mancha, Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e Murcia aprobaron xa medidas de obrigado cumprimento onde ten que haber a presencia dunha persoa responsable nas gasolineiras que, de non cumprise, será considerada como unha infracción grave. 

Por iso desde COGAMI tamén reclaman a existencia de persoal de atención ao público nas gasolineiras durante o horario de apertura, para que as persoas con discapacidade, e outros colectivos, poidan exercer os seus dereitos como consumidores.

“Dende a Organización cremos que a falta de persoal imposibilita a utilización de determinados servizos a aquelas persoas con mobilidade reducida que non poidan encher combustible autonomamente, xa sexa porque non poden dispensalo polos seus propios medios ou porque non poden acceder aos dispositivos de cobro”, indica a entidade nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Nexus 6

Yo lo tengo claro. Jamás pongo carburante en gasolineras de ese tipo. Voy a las que tienen personal para atender al público. Creo que es la mejor manera de combatir ese tipo de gasolineras.

2 M. Morado

Pero COGAMI non son os que montaron quioscos e logo de chupar as subvención, despediron a xente ? Sestayo aínda segue facendo das del

1 Galegus

Mais o menos como pedir que non haxa caixeros automaticos.