Temas: TURISMO LUGO

Turismo como xeito de dinamizar o interior de Galicia

Por GC Emprende | Lugo | 25/08/2017 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A III Feira do Libro, en Burela, o III Festival dos Eidos, en Folgoso do Courel, a XII Festa da Pandeira, en Cervantes; o XV Festival Terra Brava, no Incio,no Folión de Carros, en Chantada; e a XVI Festa do Pemento de Mougán, en Guntín son as ofertas turísticas do interior de Lugo.

Moza disfrada nunha festa histórica
Moza disfrada nunha festa histórica | Fonte: Aurora Díaz

Unhas ofertas turísticas que tentan captar visitantes e, de paso, dinamizar as economías locais. A Deputación de Lugo destinou 57.000 euros para estas citas turísticas que se celebrarán durante toda a fin de semana. Unha achega económica que se enmarca no Plan Estratéxico de Turismo, que establece a promoción da cultura, gastronomía ou a natureza, como aspectos diferenciais de cada un dos Concellos da provincia de Lugo.

Burela, Parada do Courel, Cervantes, Incio, Chantada e Guntín

Este venres 25 de agosto, darán comezo en Burela e Parada do Coure a III Feira do Libro no municipio da Mariña e o III Festival dos Eidos, que terá lugar na Montaña Lucense. Ambas iniciativas contan co patrocinio principal do Goberno da Deputación, que decidiu achegar 38.000 euros para facer posible a súa organización.

O sábado, o Concello de Cervantes acollerá a XII Festa da Pandeira, unha das citas máis consolidadas na Serra dos Ancares, que promove a tradición musical da contorna. Así mesmo, no Concello do Incio celebrarase o XV Festival Terra Brava. Mentres que en Chantada terá lugar o Folión de Carros, declarada Festa de Interese Turístico Galego, na que bois e vacas tiran dunhas carrozas, nas que se representan distintos oficios tradicionais, como a cantería, a forxa ou a cestería, entre outros. Finalmente, o sábado dará comezo a XVI Festa do Pemento de Mougán, que se estenderá tamén ao domingo. 

Temas: TURISMO LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta