Temas: AFUNDACIóN

Un mestrado no que o “85% dos alumnos atopan traballo en menos dun mes”

IESIDE, a antiga Escola de Negocios de Afundación, lanzou unha campaña promocional, con descontos, na que promete que “o 84,5% dos nosos estudiantes atopa traballo en menos de un mes”. A institución universitaria privada asegura é a única que oferta un Máster en Dirección e Administración de Empresas a tempo completo en Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Dentro da promoción, está un desconto de até o 35 por cento do custe para aqueles que formalicen a matrícula antes do próximo 30 de setembro. O prezo de partida é duns 15.000 euros, pero tras tres cuatrimestres de formación, o mestrado inclúe prácticas remuneradas.

Clase do MBA de Ieside impartida por José Manuel Valiño de Abanca
Clase do MBA de Ieside impartida por José Manuel Valiño de Abanca

As clases, que implican a realización de 90 créditos ECTS, empezan en outubro e impártense de luns a venres nas sedes de IESIDE na Coruña e en Vigo. Para acceder a esta formación superior de Afundación, cómpre ter un título universitario e un nivel de inglés intermedio. 

Alumnos chinos aloxaranse na residencia de estudantes de IESIDE en Pontevedra
Alumnos chinos aloxaranse na residencia de estudantes de IESIDE en Pontevedra
Temas: AFUNDACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta