Cantos expedientes abriu Vázquez o ano que gobernou coa norma da "imposición"?

Nova reportaxe de GC sobre a polémica lingüística no novo curso. O sindicato STEG avalía os riscos que corren "Profes co Galego" por desafiaren o “Decreto do Plurilingüismo” e a realidade do suposto conflito nas aulas durante o bipartito. Video no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 03/10/2010 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A primeira video-reportaxe de produción propia de Galicia Confidencial sumou case 2.000 visitas nunha semana. Nela, dous socios de “Profes como galego” explicaban porque seguen a dar clases de matemáticas na lingua do país, malia que a nova lei obrígaos a usar o castelán.

None

Os riscos de desafiar o Decreto

A que se arriscan os profesores que desafían o polémico “Decreto do Plurilingüismo”? Esta é unha das preguntas que responde o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) neste novo vídeo:

Xosé Cabido, responsable de Acción Sindical, admite que existe un risco de expediente, que mesmo “podería chegar a supoñer unha expulsión da función pública”. Agora ben, Cabido considera que sería “impensable” tal extremo “porque sería retrotraernos ao franquismo”.

O “sensor” de Jesús Vázquez

De expedientes tamén fala Sonia Fernández, secretaria da Muller do STEG. A sindicalista revela un dos segredos máis preciados do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez: o número de expedientes pola suposta imposición do galego que tivo que abrir durante o curso que gobernou aplicando a norma do bipartito.

“Cando houbo o cambio de Goberno e tivemos a primeira entrevista co conselleiro preguntámoslle, despois de toda aquela campaña sobre o famoso conflito, cantos expedientes tiveron que abrir a raíz das denuncias, e a reposta foi que ningún; pero que tiña unha especie de sensor que lles permitía saber que había un malestar”, relata Fernández.

O “bulo” do “tres ao caldeiro”

A profesora esfórzase por desmontar outro dos argumentos de colectivos contrarios á normalización, p.ex. Galicia Bilingüe, a presunta dificultade dos nenos criados en castelán para aprender en galego. É dicir, o famoso exemplo do rapaz que non é quen de aprender potencias porque o profesor lle explica tres “ao caldeiro” e non “tres ao cubo”.

Para Fernández, profesora de matemáticas con experiencia en seccións bilingües, o do “tres ao caldeiro” é un “bulo” porque “non é asumíbel o discurso dun alumno que non entende unha materia por ser dada en galego, ninguén pode crelo”.

O galego, residual nas aulas urbanas de Infantil

O STEG, como o resto de sindicatos, rexeita a nova norma que reduce o uso do galego nas aulas. Xosé Cabido estima que a opinión dos pais debería ser un argumento máis á hora de escoller o idioma, pero non o factor determinante.

Segundo datos do STEG, até o 40% dos pais de zonas urbanas pediron escolarizar aos seus fillos en galegos. Porén, unha enquisa deste sindicato cifra nun 12% as aulas urbanas de Infantil que se imparten en galego neste novo curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 133 comentarios

5 Daniel

¿Conoceis a jesusito? Solo puedo decir que es el peor nombramiento de Feijoo como conselleiro.

4 Luis

Eu mesmo teño coñecidos que, a pesar de ser españolfalantes (monolingües), optaron polo galego. Non queren privar aos seus fillos dun coñecemento do que eles non disfrutaron. Ao fin, a xente é máis sensata do que pensaba Feijóo.

1 Baltar

Eu teño coñecidos pero ademais familiares que optaron polo galego sendo castelanfalantes. Disque a consellería comezou agora a pedir os datos aos centros (e xa estamos en outubro!) para ver como quedou a consulta en infantil.

3 Luis

Que un 40% de pais en contornas urbanas opte polo galego como língua materna paréceme extraordinario. É tan burdo o xeito de facer as cousas do goberno galego que, tarde ou cedo, a xente empezará a reaccionar

2 un calquera

E o señor Vázquez non terá un sensor que lle advirta de que nas cidades hai moitos pais (un 40%) que solicitaron galego en infantil (3-6 anos) e non están de acordo que en nome da liberdade, en nome da liberdade de elección dos pais e en nome da non imposición das línguas... se lles dé infantil exclusivamente en castelán ós seus fillos?.

1 Manoliño

Insisto en que ese 40% está por ver que sexa certo. Ulo estudo, metodoloxía, etc.? ¿Alguén se cre que na Coruña, en Ferrol ou en Vigo hai un 40% de pais galego falantes... ou que sendo castelán falantes ou bilingües militan no galeguismo ou no nacionalismo ata ese punto? Eu non os atopo na rúa, e nas eleccións non saen, ou saen cada vez menos.

2 un calquera

Non é ningún estudo. Son datos dos 27 colexios con aulas de infantil na Coruña. Só un será en galego, 26 en castelán. A porcentaxe na Coruña foi coma a media galega 40%. Dato chamativo. Ten en conta que inda que a porcentaxe non fose 40 e fose 30 ou 20% estaríase cometendo a mesma barbaridade. Hai nenos na Coruña escolarizados exclusivamente en castelán fillos de pais que solicitaron por escrito que infantil fose en galego. O mesmo acontece no rural con porcentaxes de pais que optan polo castelán. Este decreto é absurdo, e nega a maior, é dicir a opinión dos pais en infantil non é vinculante e a imposición linguística é agora en infantil impoñendo lectoescritura cando antes era opcional e os pais tiñan dous libros a escoller para o inicio da lectura do seu fillo.

3 rosebud

A opinión de Manoliño é clave para entender a mentalidade do PP. Para que un pai escolla galego para o seu fillo éste debe ser: galegofalante, bilingue, militante do galeguismo ou militante do nacionalismo. Non entende o PP que moitos pais exclusivamente castelánfalantes nas cidades galegas optasen polo galego para educar ós seus fillos, simplemente porque son galegos, queren a Galicia, entenden a causa da perda de falantes do galego e desprezan a teoría de que 500 anos despois alguén diga que o galego é unha imposición no seu pais de orixe. Por eso mesmo o PP ten un 50% no rural e un 38-42% nas cidades galegas, onde non goberna en ningunha.

4 Manoliño

#2 ¿Que non é un estudo? Eles din: "Co inicio do curso o STEG realizou unha consulta ao centros de Infantil e Primaria co obxectivo de saber os resultados da pregunta sobre a lingua materna das fillas e fillos en infantil. Preguntamos nos centros das 7 grandes cidades de Galiza". Insisto, Ulo estudo, metodoloxía, nomes dos centros consultados, resultados parciais...? Por que non o fan público? E volvo a dicir que non me creo eses datos, ao mellor se publican o estudo, si, pero polo de agora non é o que eu percibo na rúa.

5 rosebud

O dato do 40% foi comentado nas altas instancias de educación. Non pasou por alto para ninguén. E falaráse del cando conveña obviamente. Tamén se comenta que un alto cargo de educación "acusaba" ós pais de mentir descaradamente e non respostar á pregunta pois moitos pais dicía "No le hablan el gallego a sus hijos y mienten para que se lo den en el colegio". Polo visto se os pais escollen galego equivócanse, minten, non o queren en realidade. En fin, algo hilarante. Nas cidades, con língua ambiental en castelán, moitos pais escollen galego e non son monolingues en galego. Ben, tampouco hai pais monolingues en castelán e escollen castelán. Acaso non somos bilingues?. Acaso nas cidades non fomos educados durante 200 anos en inmersión linguística en castelán?.

6 Mañoliño

#3 e 5: Eses pais dos que falas, non os atopo na rúa, e os do PP no goberno digo eu que non van tirar contra as súas bases urbáns.

7 rosebud

Unha consulta para recabar os datos reais. De todos xeitos estou contigo Manoliño. Luz e taquígrafos. Transparencia e democracia. Quero os datos de infantil de todos os colexios galegos. Na Coruña nun colexio concertado moi coñecido respiraron aliviados ó saberen que por tres nenos infantil sería exclusivamente en castelán. Respiraron aliviados porque hai pais nese colexio que son especialmente radicais no tema da língua (castelán obviamente), e poderían quedar en minoría. Sería gracioso, que coa aplicación do decreto "de la libertad", se lles ensinase exclusivamente en galego, sería de coña... De todos xeitos nos colexios hai sindicatos que recollen datos e todo está moi claro. O dato de 88%/12% en castelán/galego en infantil cun 60/40% de elección dos pais é certo. Hai colexios onde faltan datos pero non moverán nen un punto esa porcentaxe. Desto vaise falar, e moito, pero para calarlle a boca a este goberno mintireiro, galegófobo e impositor do castelán.

8 rosebud

"Y tú que marcaste en infantil pepita. Ai , pues mira yo marqué gallego, porque como no se lo hablamos en casa pues que menos que se lo enseñen bien en el colegio no?. Así cuando vayamos a la aldea ya lo practica algo con los primos y los abuelos". -"Pues yo hice lo mismo con mi Brais, además mi marido no traga al Feijoo ese y toda esa mentira de la ultraderecha.Además es que si no pones gallego, luego no le dan nada en gallego hasta los 6 años, y le quedan todos los años con la mitad de las asignaturas sin tener ni papa".

9 rosebud

E todo isto sen unha campaña a prol do galego no ensino, que sería o que tería que facer a Xunta, animar a escoller o galego en infantil obviamente. Unha pregunta capciosa, que non preguntaba: En que língua queres infantil para o teu neno?, senón que en que língua o neno falaba cos pais, algún neno ós 3 anos, non ten discurso, dí palabras soltas, algunhas en galego, outras en castelán.. en fin, un despropósito. E os nenos de familias bilingues, que respostan. Acaso non eramos bilingues?.

10 Manoliño

Dilo ti: "Hai colexios onde faltan datos". Que ensinen o estudo, e logo xa veremos se o que din é realmente certo. Eses pais que ti atopas, eu non os vexo na rúa. Unha señora que di que vai "á aldea", que son normalmente os primeiros que desbotan o galego cando chegan á cidade, que non sei se teñen algún medo a falar galego na cidade, que ao mellor a xente comeos crus... ¿Queresme facer crer que este tipo de nais escollen galego para os seus fillos? Veña ho... En que mundos vives?

11 rosebud

Se non escollen galego para os seus fillos por prexuicios como afirmas, entón, non haberá que atacar antes os prexuizos e non dar a escoller entre unha língua normalizada e outra que está desprezada?. De todos xeitos é obvio que tal e como plantexa o decreto actual, en infantil non se cumpre o requisito da elección de língua, non crés?. Eu mesmo falo moito castelán na Coruña cos meus amigos, mais penso escoller cando o meu fillo teña 3 anos o galego. Eu sería tamén un deses pais, que seica, non atopas na rúa. Como non andan tirando cócteles molotov e asasinando con tiros na nuca, pois non se ve que escollerán galego para os seus fillos, lóxico.

12 Manoliño

Os prexuizos non se atacan a golpe de follón, folga, manifa, escandalazo. Todo isto, tan do gusto dalgúns, o que xera é desprestixio para o galego ¿Ou é que a xente común milita en algo ou ten comportamentos de militante? Todo isto asocia ao galego coa radicalidade, e o pobo galego penso eu que é bastante sensato, sereno, e non lle van estas actuacións.

13 rosebud

Pero porqué se cambiou o decreto do galego?. Acaso non foi unha asociación que fixo follón, folga, manifestacións, autobuses, recollidas de firmas, difamaciós, tres ó caldeiro en matemáticas, leira magnética en física... Quen montou o follón seguido da prensa afín e apoiado por un partido político cando levavamos co decreto do bipartito sen problemas nas escolas e sen reclamacións ó valedor do pobo. Todo o contrario do que agora. Vivimos no mismo mundo manoliño?. O 40% dos pais da coruña son radicais do bloque?

14 rosebud

O que está sucedendo en Galicia coa aplicación deste decreto é que a xente non ten tanta galegofobia como o goberno. A xente desprecia menos ó galego do que o desprecia o PP urbano e o goberno da xunta. Por iso se sorprenden. Por iso hai profes do PP que non se ven con poder moral para dicirlles ós compañeiros que deron toda a súa vida unha asignatura en galego e agora seguen a dala inda que lles abran un expediente, cando ás veces era a única asignatura en galego que tiveron ano tras ano nese colexio, con profesores dando clases en castelán e incumplindo incluso os decretos do 70/30% como eran con Fraga. Hai xente do PP nas escolas que cala e non dí o que está en verdade a acontecer. Ó goberno do PP este asunto fóiselle das mans, coma case todo o que fai menos a propaganda nos medios.

15 Manoliño

Cambiouse o decreto porque había un malestar social moi forte, e precisamente por parte de xente común, que non milita nin se asocia en nada. Un día fun mercar un libro de BAC (Biblioteca de autores cristianos) que a ver onde o atopas senón é nuna libraría relixiosa, así que fun a unha que está asociada a un colexio relixioso. Na cola había varias nais, e como xa entrara Feijoo no goberno, preguntaron á empregada se para o curso 2009-20010 xa se podían mercar libros en castelán. A dependenta saiulles cun non, e lembro perfectamente o cabreo desas nais, e mais ou menos fixeron terapia de grupo e viñan a dicir que o que alí dicían non se podía falar moi en alto porque os nacionalistas comíanas. E sempre o mesmo: o medo ao que fai follón, aínda o que faga follón supoña unha minoría e os atemorizados sexan a maioría.

16 rosebud

Ou sexa que unha charla na librería dos salesianos, cunhas nais castelánfalantes con fillos en colexios privados concertados relixiosos son representación de todos os estudantes de Galicia. Está ben. Eu o outro día cuns amigos tamén falabamos deste decreto e notei moito malestar. E o obradoiro encheuse nunha manifa, e á de GB non foi ninguén salvo Corina Porro, Carlos Negreira e Fernando Rueda. A maioría silenciosa, doulle maís votos ó bipartito que a Feijoo, 5000 máis, sen contar as forzas extraparlamentarias que tamén o apoian. Que hai unha minoría que só querería estudiar en castelán, seguro, pero viven nunha comunidade autónoma con dúas línguas e iso non está permitido. Tampouco está permitido estudiar só en galego. Tamén é obrigado pagar impostos, e hai xente que lle parece unha imposición España, e sen embargo ten que aturar iso. É o que hai, ou tendemos pontes , ou facemos muros. E que sexamos bilingues, é tender pontes nun pais con dúas línguas.

17 Manoliño

Pois nada, a próxima, gañades as eleccións, non deixades a sensación de que non fixestes nada, e proclamades a obligatoriedade de falar galego, o comunismo libertario, a república galega independente, o que vos saia do n*bo. Se eu che digo que nas cidades había malestar, era porque o percibín con amigos, en coversacións de bar, etc. ¿Que nas aulas non había malestar? Certo, pero na rúa, sí. De feito, como explicas que Touriño dixese que non iba a tolerar a imposición do galego. E o que é mais forte, ¿como explicas esa proposta de Quin nun consello nacional celebrado despois das autonómicas, na que quería que o BNG aceptase que Galicia era bilingüe?

18 rosebud

Vives en Matrix manoliño. Onde había malestar era nas redaccións dos periódicos de dereitas e nas sedes do partido popular, onde se decidiu usar a língua galega que é de todos os galegos, falen o que falen, como arma política. Iso foi de miserables, e un ataque a unha língua sen precedentes por unha presa de votos. As nais esas do malestar teñen un 50% de libros en galego agora e antes. E que estén prohibidas as ciencias en galego, contar en galego, é unha aberración que debería darlle vergoña ó conselleiro de educación. Que lle diga iso ós compañeiros europeos, que prohibiu as ciencias nunha língua nunha comunidade bilingue. A min o BNG melasuda, voto cando hai eleccións a quen quero. Eu falo do galego, non do BNG.

19 Que tragaderas, Manolaa

Hombre manola, si vas a comprar algo de un autor cristiano (la secta con miles de asesinatos a sus espaldas, cada vez que te leo me escojono, vaya pirado) no vas a pedir que esas mamás urbanitas(tan de seguir la prédicas del hijo del carpintero) defiendan una lengua de aldea, por dios... pederastas por desgracia se cuentan con los dedos de las manos, pero en gallejo si que no eh, en gallejo no... y sigues defendiendo a Franco?

20 Manoliño

#18 rosebud, había ho... Había pais, do meu entorno, que falaban dunha "xeración perdida", porque no fondo consideraban que o galego non lles servía para saír fóra de Galicia. E hai malestar. Por exemplo: imaxina unha oficina dun concello cunha concellería que é do bloque. Teñen toda a cartelería en galego. Un día pregunteille a un traballador desa oficina que tal cos do bloque, e díxome que ben, pero que eran moi "suaves", que coidado porque se estabas con eles eras colega, pero senón, eras un fascista. Neste senso, díxome que malia ter todo en galego, o propio concelleiro ou concelleira chamara persoalmente ao seu xefe porque un deses carteles, escapouselles, e ía en castelán "¿Pero a ti te parece normal que llame el concejal directamente al jefe para ordenarle que retirase el cartel?". Pois non, non me parece normal. E como estes exemplos de malestar ou intolerancia, moitos mais.

21 Manoliño

Falando de intolerancia hai un comentario que quixera trasladar á xente do bloque. Teñen fama de ser complicados para manter unha relación cando a parella non é do bloque. Eu coñezo un caso no que se foi amoldando, suavizando, facéndose tolerante en definitiva, e vendo que as persoas son moito mais ca o seu xeito de pensar en política, que no fondo, psa. Pero en xeral... o que me chega é precisamente a intolerancia, esto pensar a piñón fijo, ter que votar sempre ao mismo, e como discrepes, un chorreo, un cabreo ou uns morros que duran dous días, unha semán, ou desfán a parella de ter que aguantar tanta imposición e pasar polo aro. Non todos nin todas son así, e a fama pode ser interesada, pero eu coñezo algún caso ca outro que responde a este perfil no que a convivencia é complicada pola hiperpolitización, por velo todo desde a óptica da politica.

22 Nambuangongo

Para tolerantes, os casais do PP: se ela não vota o que tem de votar, violencia de género y santas pascuas!!!

23 Manoliño

Perdoa, ti fodes pouco, verdade? Porque joer, nun fío chegas ao extremo de dicir que "odias", que é ben forte. Podes trivializar o tema, pero a xente do bloque ten fama de complicada, por intolerante.

24 Manoliño

Retiro o de que fodes pouco, aínda que se fora así, eu recomendaríache que non perderas o tempo. Parécesme ben novo e hai que vivir. Eu non son dos que adoita dicir á xente haztelo mirar, pero neste caso, rapaz, ao mellor coa axuda dun profisional poderías ser mais feliz, eliminar ese odio que levas dentro. Pensao, por favor e desculpa o de que fodes pouco.

25 Manoliño

Retiro o de que fodes pouco, aínda que se fora así, eu recomendaríache que non perderas o tempo. Parécesme ben novo e hai que vivir. Eu non son dos que adoita dicir á xente haztelo mirar, pero neste caso, rapaz, ao mellor coa axuda dun profisional poderías ser mais feliz, eliminar ese odio que levas dentro. Pensao, por favor e desculpa o de que fodes pouco.

26 Nambuangongo

Sexualmente fodo demais. Na acepção figurativa da palavra, não tudo quanto quero...

27 Manoliño

Pois non te prives. Eu hai moitos anos que non pago unha puta por motivos que non fan ao caso, pero coño, neses tempos, eu se saía de copas e non pillaba, tampouco eran tantos cartos e había farmacias de garda en calquera estrada. É moi importante, na miña opinión. Pero eu querería que reflexionases sobre a segunda parte (non que contestes) senón que interiorices o que che dixen e o penses, se fas o favor.

1 Manoliño

Son tres. O que buscan é notoriedade. E para min cae de caixón, digo eu, que abrirlles eses expedentes so lles daría a notoriedade que están a buscar. Se pasan deles e deixanos coa súa guerra particular, seguro que se cabrearán mais, ao mellor autodenúncianse ou denuncian aos profesores que teñen que dar as clases en galego e fano en español... Todo por chamar a atención e montar o numerito, dito en fino: afán de notoriedade.

1 fraga

son tres centos polo menos, e o numerito xa o monta o vázquez cada día que un profe de mates non poida falar no idioma propio da súa terra. O autoodio levádelos ás aulas.

2 Baltar

Manoliño, o que busca un docente é tranquilidade para traballar, preparar as clases, impartir a súa materia... e non ser un heore nin un mártir de nada. O que está sorprendendo na consellería é que moitos destes docentes se están a organizar por eles mesmo, á marxe de sindicatos e partidos. E non son tres, se vivises e seguises a actualidade escolar saberías que son moitos os que seguen a impartir as súas clases de matemáticas, física ou tecnoloxía en galego, e tamén outra materias que segundo o reparto feito a inicios de curso non se deberían dar en galego. No meu centro son máis que tres, veñen sendo uns 15 profesores. E sabes o que? Á maioría non se lles coñece militancia ningunha. Iso si que preocupa en San Caetano.

3 Manoliño

Sego a actualidade escolar porque coñezo a quen dan clase, e un contoume que da a súa asignatura e mais outra para completar horario. É galego falante, votante do BNG, pero como non é un follonero "eu sempre respecto a lei". E na súa asignatura fala en galego, e na que ten para completar horario fala en castelán. E que non sabe que houbera problema algún no seu centro. Todo o demais, é un xeito de buscar follón para ter notoriedade. E eu, que non teño outra cousa en que perder o tempo, ségolles a corrente, pero non trago.

4 MANOLAAAAAA

Pues dedicate a tus autores cristianos, y a Pío Moa y a César Vidal, Manola, que es lo tuyo y gracias a eso estás tan bien informado y libre de complejos, ejem