Alberte Montes trae o seu disparatado humor a Compostela

O monologuista Alberte Montes , aproveitando unha das escapadas a Noia para gravar secuencias de "Fariña", ofrecerá o seu show "Albertadas" no Momo este xoves a partir das 22.15 horas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Os promotores prometen un show monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade con esaxeración, destripada actualidade con chistes malos.

Alberte Montes como Quique en Augasquentes, serie da TVG
Alberte Montes como Quique en Augasquentes, serie da TVG

No terreo audiovisual. Montes participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional ("2OS"), nas longametraxes REC (4) e "El olivo" de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como "Salvados", "Buenas noches y Buenafuente" ou "En el Aire" e noutros da TVG (Televisión de Galicia). No 2016 encarnou o papel do avogado Quique en "Augasquentes", ficción televisiva de Ficción Producciones para a TVG e actualmente forma parte do elenco de actores de "Fariña", serie que Bambú Producciones grava en Galicia para Atresmedia.

As entradas xa están a venda dende só catro euros. 

Tags: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta